Actualidade

Libraría

Juan Tallón presenta «Mil cosas» en NUMAX

AFORO COMPLETO! A sala de cinema de NUMAX acollerá o presentación de Mil cosas (Anagrama) de Juan Tallón. Durante o evento, que terá lugar o venres 24 de outubro ás 18h, o escritor estará acompañado pola poeta e editora Antía Otero. O aforo está completo, para entrar na lista de agarda é preciso enviar un correo a [email protected] indicando nome, apelidos e número de teléfono. Só se pode realizar unha inscrición por persoa.

Ao remate da presentación haberá firma de libros aberta ao público no espazo de libraría. Se non podes asistir ao encontro e queres ter o teu exemplar firmado lembra que podes mercar o libro en tenda (físicamente) ou a través da nosa web (https://numax.org/libraria) indicándonos que queres que cho adique no apartado de “Información para a recollida do pedido”.

Ver máis

Libraría

Dicir as marxes #04 con Daniel Amarelo e Guadalupe Jiménez-Esquinas: «A familia escolhida? Transgressões e normatividades da amizade»

O xoves 16 de outubro ás 20:00h celebrarase a cuarta sesión de «Dicir as marxes» cun encontro entre Daniel Amarelo e Guadalupe Jiménez-Esquinas baixo o título «A familia escolhida? Transgressões e normatividades da amizade». O encontro estará conducido pola xornalista e escritora Xiana Arias. Esta actividade está comisariada pola Libraría NUMAX e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Ver máis