Estrea de «A Foreign Song», de César Souto, con presentación e coloquio co equipo do filme
Estamos moi felices de sermos unha das salas de estrea de A Foreign Song, obra do cineasta noiés César Souto que ofrece un fermoso retrato do poeta modernista estadounidense Wallace Stevens. A estrea será o venres 25 de abril ás 19:45h nun evento que contará con presentación e coloquio con César Souto, acompañado do director de fotografía Alberte Branco e o produtor Daniel Froiz. En NUMAX temos ademais unha estreita vinculación coa obra pois no noso Laboratorio levouse a cabo a montaxe (Marcos Flórez), etalonaxe (Pablo Cayuela) e deseño gráfico (X. Carlos Hidalgo) do filme.