Actualidade

NUMAX

Cancelación das sesións do cinema por unha avaría

Por mor dunha avaría vémonos na obriga de cancelar todas as sesións do Cinema NUMAX ata novo aviso. En canto poidamos recuperar as proxeccións avisaremos na web, no boletín de novidades e nas nosas redes sociais.

A Libraría mantén o seu horario habitual a partir do luns día 25. 

Ver máis

Libraría

Inventando timbroles, actividade para a cativada con Leticia Barbadillo

A Libraría NUMAX acolle a actividade Inventado timbroles, de Leticia Barbadillo, arredor do libro Timbrol e a pega (e os demais) (Xerais). Esta proposta, que se celebrará o sábado 30 de maio ás 18:00h, está pensada para cativada a partir de 7 anos en diante. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Libraría

PAPEL E PRATA #02: unha aula de Bea Lema e Alberto Vázquez baixo o título «Debuxos animados»

Bea Lema e Alberto Vázquez chegan a NUMAX para a segunda conversa de PAPEL E PRATA o mércores 13 de maio ás 19:00h na sala de cinema cunha aula que leva por título «Debuxos animados». Esta actividade está comisariada pola Libraría NUMAX e subvencionada pola Deputación da Coruña. A entrada para asistir é gratuíta até completar aforo. Para realizar a reserva hai que escribir ao correo de [email protected] indicando nome completo e un teléfono de contacto (pódense reservar varias prazas por persoa). 

Ver máis