Os mellores filmes de 2017 para a xente de NUMAX
Algunhas das persoas que facemos parte de NUMAX fixemos as nosas listas co mellor cinema que nos deixou 2017.
Algunhas das persoas que facemos parte de NUMAX fixemos as nosas listas co mellor cinema que nos deixou 2017.
O cinema NUMAX foi escollido este ano que vimos de despedir como sala de referencia en España pola rede internacional Europa Cinemas. Por el pasaron máis de 30.000 persoas, que asistiron a case 1.700 sesións.
O ciclo Os Ollos Verdes. O cinema inédito de NUMAX regresa con forza no arranque de 2018 con títulos fundamentais do cinema de autor internacional que quedaron sen estrear comercialmente en España. Avanzamos a programación que temos preparada para os meses de xaneiro e febreiro.
Julio Vilches presenta o xoves 28 de decembro ás 20:00 na Libraría NUMAX a súa persoal bitácora como fareiro da illa de Sálvora, publicada na editorial Hoja de Lata, que recolle o período que vai do ano 1980 ao 2000. A presentación estará acompañada da proxección da curtametraxe El farero de Sálvora, de Gloria Vilches.
Con motivo da presentación do libro Anna Turbau. Galicia, 1975-1979, editada polo Consello da Cultura Galega e que acompaña a exposición A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975-1979, que se pode visitar no Colexio de Fonseca ata o 16 de xaneiro de 2018, celebramos un encontro con Anna Turbau. No acto, que terá lugar o martes 19 de decembro ás 20:30 na Libraría NUMAX, intervirán a coordinadora da publicación Natalia Poncela, a comisaria da exposición Margarita Ledo, e os responsábeis da gráfica de ambos proxectos, Antonio Doñate e X.Carlos Hidalgo, do Laboratorio NUMAX.