A invitación.
Hoxe 04 ás 15:45
O matrimonio de Joe e Angela atravesa unha situación moi delicada. Cando invitan aos seus enigmáticos veciños de arriba, Pina e Hawk, a unha cea, a noite toma un rumbo inesperado. Conseguirán reavivar a chispa da súa relación ou será a mecha definitiva que fará estoupar todo? Ler máis
Na véspera de Samaín, a emoción convértese en consternación cando a plantación de cabazas se bota a perder. Ler máis
Mariana, unha nena de catro anos, descobre o mundo a través das ensinanzas da súa mestra, nunha das últimas escolas rurais na fronteira entre Galicia e Portugal. Ler máis
As irmás Elinor e Marianne Dashwood vense obrigadas a abandonar a súa finca de Sussex e a mudarse cun parente lonxano, en cuxa casa de campo afrontarán problemas amorosos e económicos. Ler máis
O asasinato do poeta Federico García Lorca en 1936 converteuse nun mito mundial. Durante 90 anos mantívose oculto un nome, unha relación prohibida. Ler máis
Fonda reflexión sobre o holocausto nuclear de Nagasaki desde o punto de vista dunha supervivente e os seus catro netos. Entre sorrisos e bágoas, a avoa lembra a historia da súa familia e da sociedade xaponesa do seu tempo, tentando comprender mellor o pasado e o presente. Ler máis
Melanie Daniels, unha moza rica e snob da alta sociedade de San Francisco, coñece casualmente a Mitch Brenner nunha tenda de animais e decide seguilo ata Bodega Bay, onde vive coa súa familia. A súa chegada coincide cunha serie de ataques inexplicables de paxaros contra os habitantes da localidade. Ler máis
Rex e Saskia son unha parella neerlandesa que está de vacacións en Francia. Durante unha parada nunha gasolineira, Saskia desaparece misteriosamente sen deixar rastro. Ler máis
Chile, 1973. Tras o golpe militar de Pinochet, centos de militantes de esquerda latinoamericanos refúxianse na embaixada arxentina á espera dun visado para abandonar o país. Ler máis
Stefan, un traballador da construción romanés que vive en Bruxelas, está a piques de viaxar de volta para a súa casa. Cando está xa para marchar, coñece unha moza belgo-chinesa que traballa nun pequeno restaurante ao tempo que realiza o seu doutoramento sobre musgos. A súa atención ao case invisible deteno en seco. Ler máis
Orlando é unha criatura melancólica, independente e inmortal que atravesa catro séculos da historia inglesa. Ao longo desta viaxe, pasa de home a muller e explora os misterios da vida, da arte e da paixón, nun percorrido que cuestiona as convencións sociais e a identidade de xénero. Ler máis
Lola e David casaron hai doce anos. A súa viaxe de lúa de mel foi, en parte, unha escusa para emprender un novo proxecto cinematográfico: unha película inviable que vai apoderándose de David a medida que percorren Oriente Medio e a India. Ler máis
Liverpool, anos corenta e cincuenta. A través de lembranzas fragmentarias, unha familia obreira revive a súa historia, marcada pola violencia dun pai autoritario, o medo e as dificultades da vida cotiá. Ler máis
Janet Frame medra nunha familia humilde de Nova Zelandia e pasa a súa infancia e adolescencia marcada pola timidez, as dificultades para relacionarse e a incomprensión da súa contorna. Diagnosticada erroneamente de esquizofrenia, pasa varios anos internada nun hospital psiquiátrico e sométese a tratamentos que inclúen a terapia electroconvulsiva. A literatura convértese no seu refuxio e na vía para construír unha vida propia, ata acadar o recoñecemento como escritora. Ler máis
Christopher «Manny» Balestrero, un músico que traballa nun local nocturno de Nova York, é confundido co autor de varios atracos e detido pola policía. Aínda que é inocente, as probas circunstanciais e as identificacións das testemuñas parecen incriminalo. Mentres tenta demostrar que non cometeu os delitos, a presión da investigación e do proceso xudicial afecta gravemente á súa muller, Rose. Ler máis
En 2017, Rafael Nahuel, un mozo mapuche, foi asasinado pola Prefectura Naval arxentina na Patagonia. A partir de documentos xudiciais e arquivos oficiais, Sofía Bordenave relaciona o crime coa historia de violencia estatal e desposuimento territorial do pobo mapuche, desde a chamada Conquista do Deserto, no século XIX. O bosque convértese así en testemuña da violencia e espazo de resistencia fronte aos relatos oficiais. Ler máis
Patty e Drake, unha parella de San Francisco, compran e restauran unha antiga casa vitoriana e, para para facer fronte á hipoteca, alugan os apartamentos da planta baixa. Todo parece ir ben ata que Carter Hayes, un inquilino aparentemente modélico, axiña comeza a incumprir os pagos e a provocar danos na vivenda. Ler máis
Tippi Hedren é Marnie, unha secretaria ladroa e mentireira que se pon a traballar para Mark Rutland (Sean Connery) e tenta roubarlle. Mark, impulsivamente, casa con ela e tenta descubrir as causas do seu obsesivo comportamento. Ler máis
Documental que denuncia e expón material sobre o golpe militar de 1971 en Bolivia liderado por Hugo Banzer, que derrocou o xeneral J. J. Torres. Ler máis
Karen Wright e Martha Dobie son dúas amigas que dirixen unha escola privada para nenas. Cando unha das alumnas inventa o rumor de que ambas manteñen unha relación lésbica, a mentira espállase e provoca un escándalo que destrúe a reputación das profesoras. Malia os seus intentos por defenderse, as dúas mulleres enfróntanse ao rexeitamento social e ás consecuencias dunha acusación que pon en perigo a súa carreira, a súa amizade e a súa vida persoal. Ler máis
Nunha pequena localidade de Kansas, a chegada de Hal Carter, un home atractivo e errante, altera a vida dos habitantes. Hal busca un antigo compañeiro de universidade, Alan Benson, pero axiña chama a atención de Madge, a noiva de Alan, e esperta sentimentos e desexos que permanecían agochados. Durante a celebración dun picnic, as tensións amorosas e sociais saen á luz. Ler máis
Entre 1972 e 1974, o cineasta español Miguel Herberg infiltrouse nos círculos da extrema dereita chilena por iniciativa dos seus amigos Renzo e Roberto Rossellini e do uruguaio Danilo Trelles. Reuniu documentos, películas e fotografías que revelaban os preparativos do golpe de Estado, a implicación dos Estados Unidos e a represión da ditadura de Pinochet. Ler máis
Belgrado, 1941. Marko agocha o seu amigo Petar dos nazis nun soto onde un grupo de partisanos vive baixo terra e fabrica armas. Pero o que comeza como unha estratexia de supervivencia convértese nunha farsa lucrativa cando Marko convence os refuxiados de que a guerra continúa, manténdoos agochados durante décadas mentres el ascende na Iugoslavia comunista. Ler máis
Marie e Jean forman un matrimonio que leva anos compartindo unha vida tranquila. Durante unhas vacacións na costa das Landas, Jean desaparece mentres nada no mar. A pesar de que non hai indicios de que sobrevivise, Marie négase a aceptar a súa morte e continúa comportándose como se el seguise ao seu lado. Ler máis
Treinta años después de su muerte, el documental recupera la figura de Xosé Lodeiro, uno de los pintores más singulares del arte gallego contemporáneo. A través de testimonios de su familia, de artistas, críticos, comisarios y coleccionistas, el film recorre las distintas etapas de su obra y su evolución creativa, al tiempo que se acerca a la personalidad del artista Ler máis
Scottie Ferguson, un antigo detective da policía de San Francisco que sofre vertixe e medo ás alturas, acepta o encargo dun vello amigo para seguir a súa esposa, Madeleine, cuxo comportamento estraño parece estar relacionado cunha muller morta hai moitos anos. Fascinado por ela, Scottie mergúllase nunha investigación que se transforma nunha obsesión, na que se confunden a memoria, o desexo e a identidade. Ler máis
Milly Wetherby é unha muller solitaria que dedicou boa parte da súa vida ao coidado do seu pai. Cando coñece a Burt Hanson, un home bastante máis novo ca ela, cre atopar por fin o amor e a oportunidade de comezar unha nova vida. Porén, tras o matrimonio, a aparición de Virginia, a primeira muller de Burt, e a revelación de segredos do pasado poñen en perigo a felicidade da parella. Ler máis
No século XVII, Federico Mai chega a un convento de clausura en Bobbio para investigar o suicidio do seu irmán xemelgo, un sacerdote que, segundo as acusacións, foi seducido por Benedetta, unha monxa sospeitosa de bruxaría. Federico deberá decidir o destino da muller, pero a súa presenza esperta nel sentimentos inesperados. Ler máis
Christophe, un mozo de 11 anos, intenta seguir os pasos do seu pai axudando na granxa familiar na que viven. Pero todo cambia o día que ten que levar un corpiño metálico por prescrición médica. Ler máis
A historia do flamenco está intimamente ligada á modernidade e ao nacemento das máquinas. Ler máis
A inicios do século XVII, un misterioso soldado chega a unha illada vila protestante de Alemaña afirmando ser o herdeiro dunha granxa abandonada. Ler máis
Esta viaxe cinematográfica adéntrase no mundo íntimo de Yasujiro Ozu a partir dos seus diarios, cadernos de guerra, cartas, entrevistas e filmacións inéditas. Coas súas propias palabras, o filme mostra como transformou perdas e traumas e obras perdurables. Ler máis
Xapón, anos 50. Coma todos os días, os membros dunha familia dispóñense a afrontar os seus problemas, soños e realidades. Ler máis
Anna, Georg e o seu fillo Georgie van pasar as vacacións á súa fermosa casa ás beiras dun lago. Os seus veciños Fred e Eva chegaron antes ca eles. As dúas parellas quedan para xogar ao golf ao día seguinte. Mentres pai e fillo preparan o veleiro, Anna prepara a cea. Peter, un mozo moi educado que se aloxa na casa dos veciños, preséntase pedir que lle presten uns ovos. Ler máis
Logo de anos de secuelas descoidadas e un público a cada volta máis esquivo, a franquía slasher de Camp Miasma ponse en mans dunha moza e entusiasta directa disposta a resucitala. Porén, cando esta visita a estrela do filme orixinal —unha actriz agora recluida e envolta no misterio—, ambas mulleres son arrastradas a un sanguento mundo de desexo, medo e delirio. Ler máis
Misael traballa só. Armado co seu machado, tala árbores no bosque. Unha responsabilidade inesperada trastoca a súa vida e o ritmo dos seus días vaise disolvendo aos poucos nun deserto onde a razón humana xa non ten sentido. Ler máis
Adrián embárcase ao Gran Sol no barco onde seu pai navegou durante máis de trinta anos. Busca entender o silencio e a distancia que os marcou. No medio do mar, entre rutinas e ondas, encontra o momento para achegarse. E á fin, atrévese a dicir o que sempre calou: Quérote. Ler máis
Hai persoas que pasan toda a súa vida na mesma casa, a casa natal onde descansa o pasado familiar. Benigno, aos seus oitenta e oito anos aínda dorme, come e soña no fogar que o viu nacer. Ler máis
En 1949, un escritor alemán e a súa filla emprenden unha viaxe a través dunha Alemaña en ruinas. Ler máis
Unha exploración das emocións, medos e relacións contemporáneas que se inspira libremente na colección de relatos «Hungry Heart» («Lev Raev»), do escritor Eshkol Nevo. Ler máis
Carla acaba de incorporarse ao departamento de Recursos Humanos dunha gran compañía de seguros coa misión de recuperar a confianza dos empregados. Pero as esixencias do seu xefe e da empresa rapidamente chocan con ese obxectivo e obrígana a tomar decisións cada vez máis difíciles. Ler máis
Alxeria, xuño de 1955. Khadidja deixa Cabilia para reunirse co seu irmán maior, Malek, en Alxer. Despois dunha pelexa no mercado, a policía arréstao e Khadidja atópase soa. Ler máis
Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.
Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.
Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.