Actualidade

NUMAX

A reestrea internacional de 'Nubes pasaxeiras' abre as portas do cinema NUMAX

Aki Kaurismäki achegouse para sorpresa de todos e acompañounos, xunta un grupo de avalistas do proxecto, na preapertura da sala, que aínda se atopaba en obras o pasado venres 13 de marzo. Antes da proxección, dirixiuse ao público: “A cultura humana non existe sen ideas tan burras como esta”. Despois, proxectouse o primeiro filme sobre a pantalla de NUMAX, a restauración dixital subtitulada ao galego do filme 'Nubes pasaxeiras', de 1993, que estará en cartel no cinema até a semana próxima.

Ver máis

NUMAX

As primeiras cen persoas abonadas de NUMAX recibirán un exemplar de 'Notas sobre o Cinematógrafo', de Robert Bresson

Coa apertura de NUMAX, ofrecemos tamén ás persoas que se acheguen a oportunidade de conseguiren descontos abonándose. Deste xeito, poderase entrar ao cinema a prezo reducido (4,80€) en todas as sesións diarias do cinema e tamén obter un desconto nas compras da libraría (un 5%), aplicábel tamén na nosa tenda online. As persoas abonadas conseguen descontos en NUMAX e ao tempo axudan a manter en pé a única sala de cinema no centro de Santiago de Compostela e a única sala independente en versión orixinal de Galicia.

Ver máis