Actualidade

Cinema

Coloquio en liña con Álex de la Iglesia na reestrea de «La comunidad» (25 aniversario)

No seu 25 aniversario, recuperamos un dos cumios da comedia negra española, La comunidad, e para recibila teremos o luxo de contar coa presenza en liña de Álex de la Iglesia, que ofrecerá un coloquio proxectado en 30 salas de todo o país, entre as que se atopa NUMAX. A cita é o xoves 21, con inicio da proxección ás 20:00h e comezo do coloquio en liña ao seu remate. Entradas xa á venda!

Ver máis

Libraría

A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Hermanito / Miñan» con Amets Arzallus

O escritor Amets Arzallus presenta Hermanito (Blackie Books) / Miñan (Rinoceronte Editora), libro escrito xunto con Ibrahima Balde, na Libraría NUMAX o venres 18 de xullo ás 19:00h. O evento está organizado pola Asociación Plataforma polo Emprego, no marco do Programa Compostela Convive, financiado pola UAMI - Concello de Santiago. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Libraría

«Debuxar a memoria»: encontro coa ilustradora Ana Penyas na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle «Debuxar a memoria: narrativa gráfica e investigación social», unha conversa con Ana Penyas, Premio Nacional de Cómic 2018, o xoves 10 de xullo ás 19:00h. A ilustradora dialogará cos espcialistas en antropoloxía Íñigo Sánchez-Fuarros e Cristina Sánchez-Carretero. Esta actividade está dentro do ciclo «Charlas con xeito» do Incipit-CSIC. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Cinema

Arranca o ciclo «10/10. As espectadoras presentan»

A nosa programación do mes de xullo inclúe un ciclo moi especial. Dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as 10 espectadoras e espectadores máis habituais de NUMAX a que programen e presenten cadanseu filme de cabeceira. O resultado é 10/10. As espectadoras presentan, un ciclo cheo de obras mestras de todas as épocas e estilos. Xa se poden reservar entradas para a primeira semana!

Ver máis

Libraría

Daniel Zelko presenta «Oreja madre» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Oreja madre. Mi cuestión judía (Caja Negra) de Daniel Zelko o mércores 9 de xullo ás 19:00h. O autor estará acompañado pola escritora e investigadora María Salgado. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis