Actualidade

Libraría

A Libraría NUMAX acolle a presentación do «Caderno FICBUEU#5: Jonas Mekas. O cinema como arte da memoria»

A docente e investigadora Nieves Febrer presenta Caderno FICBUEU#5: Jonas Mekas. O cinema como arte da memoria (FICBUEU) na Libraría NUMAX. Será o xoves 24 de abril ás 19:00h. Ao rematar a presentación haberá unha proxección de curtametraxes de Jonas Mekas na sala de cinema, para a que é preciso mercar entrada. O acceso para a presentación é libre ata completar aforo.

Ver máis

Cinema

Retrospectiva Alfonso Zarauza: 30 anos de cinema

No Cinema NUMAX temos a honra de acoller unha completa retrospectiva na que viaxaremos polos 30 anos de carreira de Alfonso Zarauza, director e produtor fundamental no cinema galego contemporáneo cuxa obra está estreitamente vinculada coa cidade de Santiago. Arrancamos o sábado 26 de abril con A noite que deixou de chover presentada por Miguel de Lira e o propio Zarauza. Entradas xa á venda para esta sesión e todas as do ciclo.

Ver máis

Cinema

Presentación e coloquio de «Mes amis espagnols» no Cinema NUMAX

Este mércores 9 de abril ás 19:40h celebramos un evento único coa proxección do filme Mes amis espagnols, con presentación e coloquio a cargo do seu autor, o cineasta suízo Adrien Bordone, xunto a Jesús Martínez e Domingo Rial, dous dos protagonistas da cinta. O filme chega á nosa pantalla tras gañar o premio a Mellor Filme na Sección Panorama do Festival de Ourense.

Ver máis