Actualidade

Cinema

Participa no LUX Audience Award

Cinco dos filmes máis salientables da tempada optan ao LUX Audience Award, un premio que outorga o público europeo aos filmes que mellor representan os retos e problemáticas da nosa sociedade. Para que poidas ver, puntuar e participar no premio nas vindeiras semanas imos proxectar catro dos filmes nomeados, comezando este xoves 18 con Alcarràs. Coa túa paticipación podes gañar unha viaxe ao Parlamento Europeo!

Ver máis

Libraría

Arranca a actividade «Veladas analóxicas»

Para este ano 2023 a Libraría NUMAX presenta unha nova actividade «Veladas analóxicas», que quere recuperar a proximidade, o contacto persoal e poñer a palabra no centro. Estará composta por catro encontros que se sucederán de maio a outubro e nos que parciparán Elena Duque, Xiana Arias, Xuan Bello, Eduard Velasco, Marcelo Criminal, Jesús Castro Yáñez, Lara Dopazo e Ángel Carracedo. A actividade «Veladas analóxicas» está comisariada por Alicia Fernández e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Ver máis

NUMAX

Créase o Fondo Numax do Arquivo Euseino?

NUMAX vén de asinar un acordo de colaboración coa Fundación Euseino? para a creación dun arquivo nesta entidade. O fondo documental que se aportará, documentación fotográfica e videográfica das actividades culturais desenvolvidas en NUMAX, será depositado no Arquivo Euseino?, baixo o compromiso de conservación e custodia. No acto de sinatura, estivo presente Carlos Lema, presidente da Fundación Euseino?, Mariña de Toro Cuns, en representación de Numax, e Beatriz Fraga, vicepresidenta e cofundadora de Euseino?.

Ver máis

Libraría

Javirroyo presenta «Dibujo, luego pienso» na Libraría NUMAX

A libraría NUMAX acollerá o martes 2 de maio ás 20h00 a presentación do libro «Dibujo, luego pienso», de Javirroyo editado por Lumen. No acto, o autor estará acompañado pola ilustradora Sandra Lodi. A entrada é libre ata completar aforo. Foto: Laura Abad.

Ver máis