Actualidade

Libraría

Afinidades Electivas 2024: encontro literario con Anna Pacheco e Ismael Ramos

A escritora e xornalista Anna Pacheco e o poeta Ismael Ramos estarán o venres 20 de setembro ás 20:00 na Libraría NUMAX para celebrar un encontro literario enmarcado dentro do programa Afinidades Electivas. A actividade está promovida pola Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.

Ver máis

Libraría

Sabina Urraca presenta a súa nova novela «El celo» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle o xoves 19 de setembro ás 20h00 a presentación de «El celo» (Alfaguara) de Sabina Urraca. A autora estará acompañada da escritora Lara Dopazo Ruibal nunha xira galega que a levará tamén á libraría Paz (Pontevedra), á Berbiriana (A Coruña) e á Trama (Lugo). A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Libraría

O fotoxornalista Adra Pallón presenta «Lumes» na Libraría NUMAX

O fotoxornalista lucense Adra Pallón estará en NUMAX o venres 13 de setembro ás 20:00h da tarde para presentar o seu libro Lumes, unha obra editada por Phree e que se fixo posible grazas á bolsa Joana Biarnés da fundación Photographic Social Vision. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Libraría

A Aldea Desmedida #04 con Fran Quiroga e Iago Carro: «A cidade que pode ser: participación e asociacionismo na imaxinación do futuro»

Celebramos a cuarta e última conversa da actividade «A aldea desmedida» coa participación do investigador Fran Quiroga e do arquitecto Iago Carro do colectivo Ergoesfera, que terá lugar o xoves 10 de outubro ás 20:30h na Libraría NUMAX. Nesta ocasión a temática sobre a que dialogarán será «A cidade que pode ser: participación e asociacionismo na imaxinación do futuro». Esta actividade está comisariada por Maos Innovación Social e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Ver máis