Cinema

Un ano máis o Curtocircuíto vívese en NUMAX

Estamos moi felices de repetir un ano máis a nosa colaboración cun evento de referencia na cidade, o Festival Curtocircuíto. Do 3 ao 6 de outubro, o Cinema NUMAX será unha das sedes do certame, recibindo a visita de grandes autores do panorama galego (Xacio Baño) e internacional (Bertrand Mandico, J.S. Rinland), e sesións dos programas Penínsulas e Explora.

A continuación presentamos en detalle o menú que nos teñen preparado desde Curtocircuíto entre o mércores 3 e o sábado 6 de outubro no Cinema NUMAX. As entradas poderanse adquirir en liña a través de ABANCA e presencialmente na billeteira de NUMAX (a partir do luns día 1) e no Teatro Principal cunha entrada xeral de 3€ por sesión.

MÉRCORES 3 DE OUTUBRO
20:00 | Terra - Xacio Baño
22:00 | Penínsulas 1

XOVES 4 DE OUTUBRO
20:00 | Púlsar - Jessica Sarah Rinland 1
22:00 | Penínsulas 2

VENRES 5 DE OUTUBRO
20:00 | Púlsar - Jessica Sarah Rinland 2
22:00 | Retrospectiva - Bertrand Mandico

SÁBADO 6 DE OUTUBRO
20:00 | Púlsar - Jessica Sarah Rinland 3
22:00 | Explora 5