-
A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Hostal España»
O venres 31 de outubro ás 18h celebrarase unha proxección do documental Hostal España no Cinema NUMAX. Ao finalizar, ás 19:15h, presentarase o libro homónimo editado por Mr. Griffin na Libraría NUMAX coas coautoras Belén Sola, Chus Domínguez e Claudia Delso, acompañadas polo profesor e investigador Carlos Diz. A entrada para a presentación é libre ata completar aforo.
Presenta
Calendario de eventos
-
- Cinema
- VO
- 126 minutos
- Repertorio
Vermello escuro
Un compositor inglés presencia en Roma o brutal asasinato dunha médium e inmediatamente tenta localizar o sádico asasino.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 95 minutos
- Repertorio
Na boca do medo
O éxito de Sutter Cane, un famoso escritor de novelas de terror, non ten parangón. Pero, inesperadamente, pouco antes de entregar ao seu editor a súa última novela, desaparece sen deixar rastro. Ao mesmo tempo, algúns dos seus fans viran inexplicablemente violentos.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- +16
- 95 minutos
- Estrea
Decorado
Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio vénse abaixo, a súa vida parécelle absurda e empeza a sospeitar que todo é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold decátase de que algo non encaixa.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 99 minutos
- Repertorio
Escrito sobre o vento
Kile Hadley, un magnate do petróleo, e Mitch Wayne, o seu mellor amigo e empregado, namoran da mesma muller: a secretaria Lucy Moore. Kile, que é un acólico irresponsable, casa con ela, aínda que Mitch está convencido de que con esta voda Lucy comete un grande erro.
-
Samuel Merino presenta «Manual de camuflaxe» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Manual de camuflaxe (Xerais) de Samuel Merino, XIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, o mércores 5 de novembro ás 19:30h. O autor estará acompañado pola poeta e xornalista Pilar G. Rego. A entrada é libre ata completar aforo.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.