-
- Cinema
- DCP4K
- VOSE
- +12
- 89 minutos
- Estrea
A moza do coro
Lucija, unha moza introvertida de 16 anos, únese ao coro feminino do seu colexio católico, onte entabla amizade con Ana-Marija, unha alumna popular e segura de si mesma. Durante un retiro de fin de semana nun convento rural, o interese de Lucija por un atractivo obreiro de ollos escuros porá a proba a súa amizade con Ana-Marija e as demais rapazas.
Presenta
Calendario de eventos
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 110 minutos
- Repertorio
The Power of Kangwon Province
Ji-Sook viaxa con dúas amigas á provincia de Kangwon, onde coñecen un policía que as axuda na súa estancia e que inicia unha relación con Ji-Sook. Por outra banda Sang-Kwon, un home casado, vai a Kangwon no mesmo tren cun amigo.
-
Club de lectura: «Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes» con Alba Rodríguez Saavedra
O martes 19 de maio ás 19:00h celebrarase na Libraría NUMAX un club de lectura arredor do libro Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes (Laiovento) coa autora, Alba Rodríguez Saavedra. A actividade é de balde previa inscrición. Esta actividade conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia e a Xunta de Galicia.
-
Lana Corujo presenta «Han cantado bingo» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Han cantado bingo (Reservoir Books) de Lana Corujo o mércores 20 de maio ás 19:00h. A autora estará acompañada pola xornalista Belén Teiga. A entrada é libre ata completar aforo.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +16
- 160 minutos
- Estrea
Resurrection
Nun futuro no que a maioría da humanidade perdeu a capacidade de soñar, unha muller descobre que un ser extraordinario pode seguir percorrendo os mundos oníricos que os demais xa non poden alcanzar. Empregando o seu poder para adentrarse na mente do ser, accede ás súas visións sobre a historia chinesa, atravesando épocas, cinema e memoria. En cinco capítulos sensoriais, "Resurrección" opera como unha odisea visual sobre o cinema, o soño e a procura da eternidade.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 102 minutos
- Estrea
Los sueños que compartimos
Comunidades de pobos orixinarios maias cruzan o Océano Atlántico para dialogar con comunidades que actúan en defensa do territorio, a auga, os ríos e os bosques. Esta viaxe fía e contén as historias que conforman a película: o cotián de comunidades que levan a cabo accións para protexer a vida, desde os pobos zapatistas de Chiapas até a aldea de Froxán, en Galicia.
-
A Libraría acolle a presentación de «Ninfa pobre» de Maite Dono
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Ninfa pobre (La uÑa RoTa) de Maite Dono o venres 22 de maio ás 19:00h. A autora estará acompañada pola poeta Luz Pichel. A entrada é libre ata completar aforo.