Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +16
    • 74 minutos
    • Os ollos verdes

    Balearic

    Ion de Sosa

    Na véspera de San Xoán un grupo de mozos que se coaron nunha piscina dunha luxosa casa son atacados por tres feroces cans.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 7 minutos
    • Estrea

    Química

    Senín Porto

    A historia xira arredor de Laura e Pablo, unha parella consolidada que atravesa un complexo proceso de adopción. Todo se complica cando a asistenta social comeza a facerlles preguntas incómodas que porán a proba a súa relación.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +16
    • 97 minutos
    • Estrea

    Ciudad sin sueño

    Guillermo Galoe

    Toni ten 15 anos e vive na Cañada Real, o asentamento irregular máis grande de Europa, nas aforas de Madrid. Orgulloso de pertencer á súa familia de chatarreiros, pasa os días ao carón do seu avó, ao que admira e segue a todas partes. Pero as máquinas de demolición ameazan con arrasar con todo o que coñecen.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 72 minutos
    • Os ollos verdes

    Curtametraxes Jean-Jacques Martinod

    Jean-Jacques Martinod

    En colaboración co festival Novos Cinemas de Pontevedra, programamos unha escolma de curtas do cineasta ecuatoriano Jean-Jacques Martinod, nas que combina materiais de arquivo, fitas analóxicas, medios dixitais, operacións sinestésicas e diarios de viaxe. As pezas proxectadas son La bala de Sandoval (2019), Antes del diluvio (2020) e Alborada de Datura (2021).

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 110 minutos
    • Repertorio

    Level Five

    Chris Marker

    Laura, unha programadora, recibe un encargo póstumo do seu xefe: contemplar un videoxogo sobre a batalla de Okinawa. A medida que investiga e se mergulla nos horrores da guerra, a liña entre a realidade e a ficción difumínase, levándoa a unha fonda reflexión sobre a memoria, a historia e a tecnoloxía.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 113 minutos
    • Repertorio

    Europa '51

    Roberto Rossellini

    Un rico matrimonio estadounidense que leva en Roma unha vida despreocupada, ve como o seu fillo se suicida. A nai, traumatizada e sentíndose culpable por non ter atendido máis o seu fillo desde a infancia, decide axudar a xente máis necesitada nos barrios máis humildes da cidade. Porén, a súa axuda a un ladrón vaina poñer baixo sospeita a ollos da policía.