Actualidade

Cinema

Arranca o Nocturama'26 co ciclo «Primeiros planos. Óperas primas de grandes cineastas»

As óperas primas teñen algo moi especial. Adoitan ser rabiosas, apaixonadas, impulsivas e imperfectas, con esa ilusión única do primeiro plano por rodar ou a primeira historia por contar. O Nocturama'26, ciclo co que cada ano amenizamos as noites de verán, leva por título Primeiros planos e reunirá, durante o mes de xullo, algúns dos debuts máis abraiantes da historia do cinema.

Ver máis

Libraría

Inés Mosquera presenta «upupú» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro upupú (Chan da Pólvora) o martes 30 de xuño ás 19:00h. A autora estará acompañada polos escritores e editores Antón Lopo e César Lorenzo. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Libraría

Xosé Ramón Fandiño presenta «Memoria do vivido» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Memoria do vivido (Alvarellos) de Xosé Ramón Fandiño xoves 25 de xuño ás 19:30h. O autor estará acompañado por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Martiño Noriega, médico, e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Cinema

Nova plataforma para a compra de entradas e abonos de NUMAX: ReservaEntradas

venres 12 de xuño teremos novidades relevantes no proceso de compra de entradas e abonos do Cinema NUMAX. A nosa web numax.org seguirá a operar con total normalidade no tocante á información da carteleira, actualidade, horarios e sesións. No momento de realizar a compra da entrada serás redirixida automaticamente á plataforma externa ReservaEntradas onde se finalizará o proceso. A continuación, achegamos unha pequena guía de uso que che será de axuda. Ante calquera dúbida, podes consultarnos na billeteira da sala ou no correo [email protected].

Ver máis