Actualidade

Cinema

Encontro A cor das palabras con Pablo Gil Rituerto, director de «La marsellesa de los borrachos»

O primeiro encontro A cor das palabras de 2025 ten como convidado a Pablo Gil Rituerto e a súa película documental La marsellesa de los borrachos, que segue os pasos dunha viaxe clandestina realizada en 1961 polo grupo Cantacronache que recolleu cancións populares de resistencia en pleno franquismo. A aula, co título Historia a contrafío: montaxe, memoria e relato, terá lugar o sábado 1 de marzo ás 12:00h con acceso gratuíto até completar aforo. Tamén haberá presentación da película na sala e actuacións de Faia e O Leo na Libraría.

Ver máis

Libraría

Os clubs de lectura de NUMAX en novo formato!

Comezamos cun novo formato para os nosos clubs de lectura! Cada mes organizaremos sesións independentes e poderedes inscribirvos a cada unha delas individualmente. As persoas que as conducirán tamén mudarán, nalgúns casos seremos nós mesmas, noutras serán editoriais ou profesionais de diversos ámbitos. Será sempre o mesmo día da semana: os martes ás 20:00h. Aquí van as nosas tres primeiras sesións de marzo coordinadas por NUMAX, e as editoriais Irmás Cartoné e Rodolfo e Priscila!

Ver máis

Libraría

Sara Guerrero presenta «Eu son o monte» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Eu son o monte (Euseino?) de Sara Guerrero o xoves 27 de febreiro ás 19:30h. A autora estará acompañada do escritor Carlos Negro e de Inma Otero Varela, filósofa e padroeira da Fundación Euseino?. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis