Actualidade

NUMAX

10º aniversario da cooperativa NUMAX

A cooperativa NUMAX cumpre 10 aniños e, para celebralo con todas vós, temos organizada unha semana de actividades que arranca o domingo 30 de marzo e culmina cunha xornada de portas abertas o sábado 5 de abril na que haberá música, cinema, talleres, actividades para crianzas e moito máis. Contamos contigo!

Ver máis

Libraría

Jonathan Arribas presenta «Vallesordo» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Vallesordo (Libros del Asteroide) de Jonathan Arribas o martes 1 de abril ás 19:00h. O autor estará acompañado por Sabela Aldrey, escritora de Santiago que foi mestra de Lengua e Literatura de Jonathan Arribas e que aparece recoñecida nas primeiras páxinas de Vallesordo. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Libraría

Clubs de lectura de abril: «Rotas» e «Tea Rooms»

En abril propoñémosvos dúas sesións independentes de clubs de lectura ás que poderedes apuntarvos de xeito individual. A primeira delas celebrarase o 8 de abril ás 20:00h, será sobre Rotas. As mulleres que o franquismo agochou en Compostela (Positivas) de Montserrat Fajardo e estará coordinada pola propia autora. A segunda será na semana do Día da Clase Traballadora e por iso escollemos o libro de Tea Rooms (Hoja de Lata) de Luisa Carnés. O encontro celebrarase o 29 de abril ás 20:00h e estará conducinda por Lucía Ramiro, socia traballadora de NUMAX e fan desta escritora.

Ver máis

Libraría

O escritor chileno Alejandro Zambra visita NUMAX

PRAZAS COMPLETAS! A sala de cinema de NUMAX acollerá o encontro con Alejandro Zambra. Na súa visita, que terá lugar o xoves 27 de marzo ás 18h00, o escritor estará acompañado polo poeta e escritor Ismael Ramos. O aforo está completo, para entrar en lista de agarda escribe a [email protected] indicando nome, apelidos e número de teléfono.

Ver máis