Encontro «A cor das palabras» coa cineasta e artista Dora García
A reputada artista vallisoletana Dora García visítanos o domingo 12 de maio para ofrecer o encontro Como foi o desenvolvemento do proxecto Segunda Vez, 2014-2018, dentro do ciclo A cor das palabras organizado polo Concello de Santiago e NUMAX. Un día antes, sábado 11, a directora presentará na sala o seu último filme: Segunda vez. Reserva praza para o encontro escribindo a [email protected].