Cinema

En carteleira

Ver todos os filmes

San Simón

Miguel A. Delgado

Outubro, 1936. O franquismo abre campos de concentración por todo o territorio. Empregan conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros... San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abrumadora. Ler máis

Escrito sobre o vento

Douglas Sirk

Kile Hadley, un magnate do petróleo, e Mitch Wayne, o seu mellor amigo e empregado, namoran da mesma muller: a secretaria Lucy Moore. Kile, que é un acólico irresponsable, casa con ela, aínda que Mitch está convencido de que con esta voda Lucy comete un grande erro. Ler máis

Foco Douglas Sirk

Decorado

Alberto Vázquez

Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio vénse abaixo, a súa vida parécelle absurda e empeza a sospeitar que todo é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold decátase de que algo non encaixa. Ler máis

A condena

Béla Tarr

O recente gañador do Premio Nóbel de Literatura, László Krasznahorkai, e o gran Béla Tarr, escribiron a catro mans o retrato de Karrer, un home de vida solitaria nunha poboación mineira. El pasa as tardes no bar Titanik, cuxo dono lle propón participar nunha operación de contrabando. Ler máis

Los domingos

Alauda Ruiz de Azúa

Ainara (Blanca Soroa), unha moza idealista e brillante de 17 anos, debe decidir que carreira universitaria vai estudar. Ou, cando menos, iso agarda a súa familia que faga. Porén, a moza manifesta que se sente cada vez máis preto de Deus e que está pensando abrazar a vida de monxa de clausura. A noticia colle por sorpresa a toda a familia provocando un abismo e unha proba de fogo para todos. Ler máis

O seu gran desexo

Douglas Sirk

En 1920, Naomi Murdoch abandonou a súa pequena vila e a súa familia para poder actuar noutras partes do país. Dez anos despois, a súa filla Lily convida a súa nai a vela actuar na súa obra do instituto. A volta ao seu fogar provocará os comentarios de toda a vila, espertando vellos conflitos e provocando emocións tormentosas. Ler máis

Foco Douglas Sirk

Sonido mosca

Nando Caballero

A década dos sesenta foi unha época onde a ditadura e a represión dominaban a vida social e cultural española. Porén, unha chea de mozos enfrontáronse á orde establecida por amor ao rock and roll, que a contagotas chegaba aos seus ouvidos. Ler máis

Ver máis

Liñas de programación

Estrea

Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.

Repertorio

Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.

Os ollos verdes

Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.

Ler máis