Cinema

En carteleira

Ver todos os filmes

A historia de Souleymane

Boris Lojkine

Mentres pedalea polas rúas de París para repartir comidas, Souleymane repite as súas historias. En dous días ten que pasar a entrevista de solicitude de asilo, a clave para obter papeis. Pero Souleymane non está preparado. Ler máis

O Ulla si!

Esta película nace dunha reflexión colectiva nas comarcas galegas da Ulloa, Terras de Deza e Terras de Melide. Todas elas son áreas afectadas polo proxecto de Altri e Greenalia, que pretende instalar unha macrofábrica de celulosa. Ler máis

Cónclave

Edward Berger

Tras a inesperada morte do Sumo Pontífice, o cardeal Lawrence (Ralph Fiennes) é designado como responsable de dirixir o cónclave. Cando os líderes máis poderosos da Igrexa Católica se reúnen nos salóns do Vaticano, Lawrence vese atrapado dentro dunha complexa conspiración á vez que descobre un segredo que podería sacudir os alicerces da Igrexa. Ler máis

O último suspiro

Costa-Gavras

Nun diálogo amigable e apaixonado, o médico Augustin Masset e o escritor Fabrice Toussaint enfróntanse cara a cara, un co final da vida dos seus pacientes, e o outro co seu propio destino. Ler máis

O pecado de Cluny Brown

Ernst Lubitsch

Uns días antes do inicio da Segunda Guerra Mundial, Cluny, unha moza apaixonada pola fontanería, é enviado a servir a unha rica mansión inglesa. Un día chega un refuxiado checo, fuxido do nazismo, co que se identifica por ser tamén unha alma desprazada. Ler máis

Ver máis

Liñas de programación

Estrea

Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.

Repertorio

Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.

Os ollos verdes

Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.

Ler máis