Actualidade

Cinema

Obras mestras de Charles Laughton e R.W. Fassbinder no Cinema ao aire libre de NUMAX

Este verán temos moitas sorpresas para vós! Os días mércores 5 e xoves 6 de xullo o Cinema NUMAX sae á rúa, con dúas proxeccións gratuítas ao aire libre que terán lugar no último treito de Concepción Arenal. A actividade conta co apoio da Xunta de Galicia con cargo aos Fondos FEDER e conta coa colaboración na parte técnica de Cine na Rúa.

Ver máis

Libraría

Javier Rodríguez presenta o poemario «Xeración» na Libraría NUMAX

Javier Rodriguez presenta o seu poemario Xeración (breve tradado de males inespecíficos), que lle valeu o Premio Victoriano Taibo 2022. O acto terá lugar o mércores 28 de xuño ás 20h30 na libraria de NUMAX. No acto o autor estará acompañado da escritora Maica Caramés. A entrada é libre ata completar aforo. 

Ver máis

Libraría

Antón Lopo presenta «Diarios/1 [Azul Monforte]» na Libraría NUMAX

Antón Lopo presenta o seu novo poemario Diarios / 1 [Azul Monforte], que lle valeu o Premio Fiz Vergara Vilariño. O acto terá lugar o venres 23 de xuño ás 19h30 na libraria de NUMAX, en Compostela, como limiar á noite máxica das cacharelas nun acto onde participa Ismael Ramos. A entrada é libre ata completar aforo. 

Ver máis