Arranca a actividade «Veladas analóxicas»
Para este ano 2023 a Libraría NUMAX presenta unha nova actividade «Veladas analóxicas», que quere recuperar a proximidade, o contacto persoal e poñer a palabra no centro. Estará composta por catro encontros que se sucederán de maio a outubro e nos que parciparán Elena Duque, Xiana Arias, Xuan Bello, Eduard Velasco, Marcelo Criminal, Jesús Castro Yáñez, Lara Dopazo e Ángel Carracedo. A actividade «Veladas analóxicas» está comisariada por Alicia Fernández e subvencionada pola Deputación da Coruña.