Alba Cid e Xavier Groba presentan «Tesouro Espeleolóxico Galego»
A libraría NUMAX acollerá o mércores 24 de maio ás 20h30 a presentación de «Tesouro Espeleolóxico Galego», un libro escrito polo Clube Espeleolóxico Galego e a poeta Alba Cid, e editado pola aCentral Folque. No acto, participarán dúas das persoas autoras do volume, Xavier Groba e a propia Alba Cid xunto á escritora Marilar Aleixandre. A entrada é libre ata completar aforo.