Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • VOSE
    • 144 minutos
    • Repertorio

    The Day of the Locust / Como praga de lagosta

    John Schlesinger

    Tod Hackett chega a Hollywood a finais dos anos trinta co soño de traballar como decorador nun grande estudio cinematográfico. Alí coñece a Faye, unha moza ambiciosa que anhela triunfar como actriz e para iso se vai arrodeando de persoas que a poidan axudar a alcanzar o seu obxectivo. Xorde un romance entre eles, pero Faye acaba preferindo o estilo de vida que lle pode ofrecer un contable solitario

    • Cinema
    • VO
    • 61 minutos
    • Repertorio

    Programa Val del Omar

    José Val del Omar

    José Val del Omar é unha figura esencial e ao mesmo tempo insólita dentro da historia do cinema. Cineasta cunha visión poética inconfundible, inventor, místico e visionario. Nesta sesión especial achegámoslle ao público de Cineuropa o "Tríptico Elemental de España", a obra maiúscula deste cineasta.

    • Cinema
    • VO
    • 79 minutos
    • Estrea

    Reas

    Lola Arias

    Yoseli ten unha tatuaxe da Torre Eiffel nas costas e sempre quixo viaxar, pero foi arrestada no aeroporto por tráfico de drogas. Nacho é un home trans que foi detido por estafa e fundou unha banda de rock na prisión.

    • Cinema
    • VOSE
    • 141 minutos
    • Repertorio

    One-Eyed Jacks / O rostro impenetrabel

    Marlon Brando

    Tras o atraco a un banco fronteirizo, Johnny Rio é traizoado por Dad, o seu mellor amigo e compañeiro de falcatruadas. Arrestado pola policía mexicana, bota cinco amargos anos no cárcere de Sonora, onde vive obsesionado coa idea de vingarse.

    • Cinema
    • VO
    • 71 minutos
    • Estrea

    Agárrame fuerte

    Ana Guevara, Leticia Jorge

    Adela, profundamente conmovida pola morte da súa amiga Elena, atópase atrapada nunha dor que parece non ter fin. Buscando consolo, e esgotada emocionalmente, retrocede nunha viaxe no tempo a un outono de hai dez anos, a unha casa na praia onde o tempo parece deterse.

    • Cinema
    • VOSE
    • 110 minutos
    • Repertorio

    Wild River / Río Salvaxe

    Elia Kazan

    América, anos trinta. Chuck Glover é un funcionario do Goberno do val do Tennessee, encargado de expropiar as terras da ribeira do río, xa que os seus habitantes sofren a miúdo os seus devastadores desbordamentos. Amais de evitar catástrofes, preténdese construír unha central hidroeléctrica que garanta o progreso da rexión.

    • Cinema
    • VOSE
    • 113 minutos
    • Repertorio

    The Landlord / O Caseiro

    Hal Ashby

    Elgar Enders, un mozo de 29 anos que provén dunha familia adiñeirada e leva unha vida aburrida decide mercar un edificio de apartamentos nun ghetto de Brooklyn co obxectivo de desaloxar os inquilinos e reformar a propiedade. Mais así que comeza a coñecer os inquilinos, desenvolve unha relación afectiva con eles e decide abandonar a súa idea inicial.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +7
    • 90 minutos
    • Estrea

    Vaca mugiendo entre ruinas

    Ramón Lluís Bande

    O 24 de agosto do 1937, o Consello Interprovincial de Asturias e León, máxima autoridade republicana, constitúe en “Consello soberano de goberno de todo o territorio da súa xurisdición, e a el quedan integramente sometidas todas as xurisdicións e organismos civís e militares que funcionan e funcionen no sucesivo dentro do referido territorio”.

    • Cinema
    • VO
    • 70 minutos
    • Estrea

    Retaguardia

    Ramón Lluís Bande

    Este filme ficciona a reconstrución dunha colección de películas imaxinarias que potencialmente se puideron rodar no ano 1937 en Asturias. Imaxina así un posible cinema de propaganda impulsado desde as institucións e as organizacións políticas e sindicais republicanas asturianas que ben puido desenvolver o equipo xornalístico do diario socialista Avance.

    • Cinema
    • VOSE
    • 125 minutos
    • Estrea

    Wa Ada Maroun Ila Beirut / Maroun volve a Beirut

    Feyrouz Serhal

    Feyrouz Serhal realiza unha viaxe dun día por Beirut para explorar a vida e obra do falecido cineasta Maroun Baghdadi. Percorre as rúas da cidade, que moldearon profundamente a súa viaxe na vida e mais no cinema, e vai atopando a persoas achegadas a el e coas que compartiu a experiencia da guerra civil.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.