-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- +12
- 94 minutos
- Estrea
Yo no moriré de amor
Aos seus 18 anos, Claudia non quere ser a heroína da súa familia. A doenza da súa nai irrompe na súa casa como unha treboada silenciosa. Porén, Claudia só quere vivir como calquera persoa da súa idade. Entre o deber familiar e o desexo de explotar a súa xuventude, Claudia terá que elixir como amar sen renunciar a si mesma.
Presenta
Calendario de eventos
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- +12
- 85 minutos
- Estrea
Hangar rojo
Santiago de Chile, 11 de setembro de 1973. Mentres o golpe militar se desprega por todo o país, o Capitán Jorge Silva, ex xefe de Intelixencia da Forza Aérea, recibe unha orde que mudará a súa vida para sempre: transformar a Escola de Aviación, onde hoxe ensina a mozos cadetes, nun centro de detención e tortura.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 124 minutos
- Repertorio
O castelo no ceo
Sheeta é a única persoa no mundo que coñece o segredo da cidade flotante, resultado dunha civilización ao parecer extinguida. Pazu é un mozo rebelde que se vai cruzar no seu camiño. Alcanzar o castelo no ceo e coñecer os seus misterios ocultos vaise converter nunha odisea chea de aventuras e personaxes, reforzando á vez a relación de afecto entre Pazu e Sheeta ante a adversidade.
-
- Cinema
- DCP4K
- VOSE
- +12
- 89 minutos
- Estrea
A moza do coro
Lucija, unha moza introvertida de 16 anos, únese ao coro feminino do seu colexio católico, onte entabla amizade con Ana-Marija, unha alumna popular e segura de si mesma. Durante un retiro de fin de semana nun convento rural, o interese de Lucija por un atractivo obreiro de ollos escuros porá a proba a súa amizade con Ana-Marija e as demais rapazas.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +12
- 106 minutos
- Estrea
Iron Maiden: Burning Ambiton
A historia dos 50 anos de Iron Maiden, o ascenso da banda desde os pubs do East End londinense aos maiores estadios do mundo, contada a través de entrevistas exclusivas con membros da banda, opinións de celebridades, imaxes inéditas e a derradeira entrevista de Paul Di'Anno.
-
- Cinema
- DCP4K
- VOSE
- +12
- 89 minutos
- Estrea
A moza do coro
Lucija, unha moza introvertida de 16 anos, únese ao coro feminino do seu colexio católico, onte entabla amizade con Ana-Marija, unha alumna popular e segura de si mesma. Durante un retiro de fin de semana nun convento rural, o interese de Lucija por un atractivo obreiro de ollos escuros porá a proba a súa amizade con Ana-Marija e as demais rapazas.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 110 minutos
- Repertorio
The Power of Kangwon Province
Ji-Sook viaxa con dúas amigas á provincia de Kangwon, onde coñecen un policía que as axuda na súa estancia e que inicia unha relación con Ji-Sook. Por outra banda Sang-Kwon, un home casado, vai a Kangwon no mesmo tren cun amigo.
-
Club de lectura: «Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes» con Alba Rodríguez Saavedra
O martes 19 de maio ás 19:00h celebrarase na Libraría NUMAX un club de lectura arredor do libro Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes (Laiovento) coa autora, Alba Rodríguez Saavedra. A actividade é de balde previa inscrición. Esta actividade conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia e a Xunta de Galicia.
-
Lana Corujo presenta «Han cantado bingo» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Han cantado bingo (Reservoir Books) de Lana Corujo o mércores 20 de maio ás 19:00h. A autora estará acompañada pola xornalista Belén Teiga. A entrada é libre ata completar aforo.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +16
- 160 minutos
- Estrea
Resurrection
Nun futuro no que a maioría da humanidade perdeu a capacidade de soñar, unha muller descobre que un ser extraordinario pode seguir percorrendo os mundos oníricos que os demais xa non poden alcanzar. Empregando o seu poder para adentrarse na mente do ser, accede ás súas visións sobre a historia chinesa, atravesando épocas, cinema e memoria. En cinco capítulos sensoriais, "Resurrección" opera como unha odisea visual sobre o cinema, o soño e a procura da eternidade.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 102 minutos
- Estrea
Los sueños que compartimos
Comunidades de pobos orixinarios maias cruzan o Océano Atlántico para dialogar con comunidades que actúan en defensa do territorio, a auga, os ríos e os bosques. Esta viaxe fía e contén as historias que conforman a película: o cotián de comunidades que levan a cabo accións para protexer a vida, desde os pobos zapatistas de Chiapas até a aldea de Froxán, en Galicia.