A quimera
Hoxe 02 ás 11:45
Inesperado zahorí, Arthur ten o don de localizar ocos baixo a terra. Un atributo que o converte no perfecto buscador de tesouros na rexión italiana que alberga as ruínas da civilización etrusca. Aínda que o que Arthur anhelaría reencontrar, a quimera que o guía, é a Beniamina, o seu amor perdido. Ler máis
Takumi e a súa filla, Hana, viven nunha vila próxima a Tokio. A súa vida verase profundamente afectada cando descobren que preto da súa casa vai ser construído un luxoso cámping para que os habitantes da cidade fagan escapadas cómodas á natureza. Ler máis
Aos seus 20 anos, Joan Baez foi a raíña indiscutible da música folk, unha das primeiras persoas en recoñecer o talento de Bob Dylan e gravar as súas cancións, e alguén que usou a súa fama para loitar polos dereitos civís e a xustiza, e contra a guerra en Vietnam. A película repasa a vida de Baez mentres segue á artista na súa xira de 2018/2019. Ler máis
Roma, 1946. Delia ten tres fillos e está casada co malhumorado Ivano, que non a trata demasiado ben. Un día chega unha marabillosa noticia: Marcella, a filla maior, acaba de comprometerse con Giulio, un rapaz de boa familia. Ler máis
As filmacións estivais rexistradas en Lle Thuit (Alta Normandia) por un singular pioneiro do cinema amateur —o avogado parisiense Gérard Lleury (1877-1930)— orixinan unha indagación poética e detectivesca ao redor da imaxe cinematográfica. Ler máis
Abandonado ao nacer nas montañas gregas unha noite de treboada, Jon é acollido e adoptado, sen ter coñecido a seu pai nin súa nai. De mozo, coñece a Iro, unha celadora da prisión onde está encarcerado tras un tráxico accidente mortal. Ler máis
Nunha aldea de Redondela a familia de Pablo vive apegada ás súas antigas tradicións e crenzas. Sentindo que non encaixaba neste mundo, Pablo marchou hai vinte anos para comenzar outra vida lonxe de todos eles. Ler máis
O cineasta barcelonés José Luis Guerín programa e presenta unha sesión composta por tres das súas últimas curtametraxes baixo o título conxunto de Tres duelos: "Recuerdo de una mañana", "Carta nº3: De las correspondencias con Jonas Mekas" e "For Heddy". Ler máis
Sesión adicada a catro obras realizadas por Xacio Baño que xiran arredor da imaxe fotográfica. Ler máis
Julian, Ramon, Juan, El Chato e Manolo son un grupo de amigos que sobreviven como poden nos arrabaldes de Madrid. Un deles quere ser toureiro, e os seus amigos dan pequenos atracos para poder pagar o debut de Juan. Ler máis
Sébastian é un director de teatro que dirixe unha versión da traxedia grega Andrómaca, de Jean Racine. Durante os ensaios, a relación coa súa muller, que interpreta o papel protagonista, comeza a deteriorarse, sobre todo cando debe reemprazala na obra por unha antiga amante. Ler máis
Nina decide volver á vila costeira onde medrou, cunha escopeta no bolso e un obxectivo: vingarse de Pedro, un famoso escritor ao que o pobo rende agora homenaxe. O reencontro co seu lugar de orixe, cos seus recordos do pasado e con Blas, un amigo da infancia, faranlle reformularse se a vinganza é a súa única opción. Ler máis
As Neves é unha vila galega de montaña onde todos se coñecen. A noite de entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e dróganse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae internet. Ler máis
Vivienne é unha muller independente que se embarca nunha relación co inmigrante danés Holger. Xuntos, empezan unha nova vida preto da tranquila vila de Elk Flats, Nevada. O estalido da Guerra de Secesión sepáraos cando Holger decide loitar pola Unión e deixar a Vivienne á súa sorte nun lugar controlado polo corrupto alcalde Rudolph, o seu socio sen escrúpulos e o seu violento e caprichoso fillo. Ler máis
Don Anselmo, un ancián xa retirado e cunha saúde de ferro, decide comprarse un cocheciño motorizado para persoas con mobilidade reducida xa que todos os seus amigos pensionistas posúen un. A familia négase ante o capricho do ancián, pero el decide vender todas as posesións de valor para compralo. Ler máis
Sesión conformada por curtametraxes de directoras palestinas. A recadación do pase será integramente doada a Medical Aid for Palestinians (MAP). Ler máis
Unha moza colombiana traballa como criada nunha mansión onde unha familia adiñeirada goza das súas exuberantes vacacións. É calada e discreta ata que descubre que ela tamén podería encontrar a súa maneira de divertirse no verán. Ler máis
Mila afronta os últimos días de vida antes do fin do mundo. Mentres loita por comprender a complexidade da morte, tamén trata de manter unida á súa familia organizando unha festa que leva a cabo o último día de vida na terra. Ler máis
Tripla sesión de filmes de Pere Portabella que inclúe a longametraxe «Vampir-Cuadecuc» e as curtas «Miró l'altre» e «Acció Santos». Ler máis
Moi preto da tradición dos contos infantís, a película narra as relacións entre a bibliotecaria Julie e Céline, unha descoñecida que atopa nun parque, e como esta introduce á primeira nunha historia, entre a realidade e a fantasía, que se desenvolve nunha gran mansión onde vive un viúvo, a súa filla de 8 anos e dúas mulleres. Ler máis
Granada, finais dos 90. En plena efervescencia artística e cultural, un grupo de música indie vive o seu momento máis delicado: a baixista rompe coa banda buscando o seu sitio fóra da música e o guitarrista está inmerso nunha perigosa espiral de autodestrución. Mentres, o cantante enfróntase a un complicado proceso de escritura e gravación do seu terceiro disco. Ninguén sabe que ese disco cambiará para sempre a escena musical de todo o país. Ler máis
Sesión dobre na que se proxectará unha peza mítica do documental político da Transición, "El Sopar", e unha curta documental titulada "Mudanza". Ler máis
Portabella fai deambular a Christopher Lee por unha Barcelona de ilusión nunha película que se articula sobre dous eixos fundamentais: a indagación sobre os modos de representación cinematográficos e a imaxe crítica da España franquista. Ler máis
Nun mundo postapocalíptico onde todo perdeu o seu valor, os poucos sobreviventes guíanse pola lei do máis forte. Sen aprecio pola vida, o único que esperta un brutal interese é a gasolina, sinónimo de poder e obxectivo de bandas armadas ata os dentes e sen escrúpulos. Ler máis
Un director de orquestra e unha profesora coinciden nun cóctel cun escritor que acaba de gañar un importante premio pola súa novela "Pont de Varsóvia". Ao mesmo evento acode un xornalista que pregunta ao autor do libro pola trama do mesmo, pero este non sabe que contestar, polo que decide botar unha ollada ao libro e sacar as súas propias conclusións. Ler máis
Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.
Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.
Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.