Actualidade

Presentación de 'Chap Chap', último libro do xornalista cultural Kiko Amat

O Super Tour Galego argallado por I'm The Mocker achegará a NUMAX ao crítico musical Kiko Amat o vindeiro venres 18 de setembro ás 19:00, onde presentará Chap Chap en compañía de Raquel Peláez. Este seu último libro é unha antoloxía confesional que inclúe artigos, listaxes, diatribas, columnas varias, pezas inéditas, pezas rexeitadas e panexíricos escritos entre 1987 e 2014.

Ver máis

Cinema

Curtocircuíto e WOSINC presentan no Cinema NUMAX o primeiro filme da historia rodado en lingua tuareg

Curtocircuíto celebrará o próximo xoves 10 de setembro ás 22h unha proxección especial en colaboración co festival WOSINC: Akounak Teggdalit Taha Tazoughai, de Mdou Moctar, primeiro filme da historia rodado en lingua tuareg. Moctar, protagonista do filme e expoñente principal do "blues do deserto", actuará tamén no Festival WOSINC. A entrada á proxección será libre até completar aforo e as invitacións poderanse recoller o mesmo día da proxección a partir das 20h.

Ver máis

Presentación de 'Fernando Fernán-Gómez', de José Luis Castro de Paz

Co gallo da reestrea de El mundo sigue, actualmente na carteleira do Cinema NUMAX, aproveitamos para recuperar a minuciosa análise da filmografía de Fernando Fernán-Gómez que o catedrático José Luis Castro de Paz realizara para Ediciones Cátedra no ano 2010. Castro de Paz estará na nosa libraría presentando Fernando Fernán-Gómez o vindeiro venres 17 de xullo ás 18:00, xusto despois do pase diario de El mundo sigue que ese día terá lugar ás 16:00.

Ver máis