A Libraría NUMAX acolle a presentación da baralla artística «O Ghaiteiro Petroleiro»
A Libraría NUMAX acollerá o venres 1 de decembro ás 20:00h a presentación da baralla artísitica O gaiteiro petroleiro. No evento participarán o investigador e comisario Germán Labrador, presidente da asociación Unha Gran Burla Negra, Daniel López Abel, as ilustradoras Sandra Lodi, Lúa Gándara e Tristán Ron; ademais de X. Carlos Hidalgo, socio traballador da cooperativa NUMAX e deseñador da baralla. A entrada é libre ata completar aforo.