Actualidade

Libraría

Afinidades Electivas 2023: encontro literario con Berta Dávila e Marta Sanz

As escritoras Marta Sanz e Berta Dávila estarán o xoves 29 de xuño ás 20h30 na Libraría NUMAX para celebrar un encontro literario enmarcado dentro do programa Afinidades Electivas. No evento estarán acompañadas polo xornalista Daniel Salgado. A actividade está promovida pola Dirección Xeral do Libro e Fomento da lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.

Ver máis

Libraría

A Libraría NUMAX volve á SELIC!

Libraría NUMAX sae á rúa do 9 ao 18 de xuño para participar na SELIC, que nesta ocasión se celebrará na Praza da Quintana. Este ano, participamos ademais coa organización dunha charla breve arredor da figura de Anne Carson e da recente publicación de A antropoloxía da auga (Chan da Pólvora) na que participarán as poetas Jesús Castro Yáñez, Oriana Méndez e Carlos Catena. Será o sábado 10 de xuño ás 19h00. 

Ver máis

Cinema

Encontro A cor das palabras con Susana de Sousa Dias e Ansgar Schaefer na estrea exclusiva de «Viagem ao sol»

Unha semana máis tarde do encontro A cor das palabras con Pablo Marín, o ciclo que organizamos co Concello de Santiago continúa a súa actividade coa visita da parella de cineastas formada por Susana de Sousa Dias e Ansgar Schaefer, cuxa aula leva por título «Abrir a(s) historia(s). O proceso de realización de Viagem ao sol». A cita é o domingo 4 de xuño ás 11:30h.

Ver máis

Cinema

Retrospectiva completa á directora xaponesa Kinuyo Tanaka

Do 30 de maio ao 6 de xullo a nosa programación de repertorio terá como gran protagonista a Kinuyo Tanaka, célebre actriz da idade de ouro do cinema xaponés que, de 1953 a 1962, dirixiu 6 obras mestras nas que tratou temas inusuais para a época como o desexo e o corpo feminino, a maternidade ou o sexo entre mulleres. Abrimos esta retrospectiva completa o martes 30 de maio con Carta de amor, para a que xa podes reservar butaca.

Ver máis