O Universo David Lynch recupera 8 obras mestras do cinema contemporáneo
Co gallo da celebración do 20 aniversario da mítica Mulholland Drive, ofrecemos, en colaboración coa distribuidora Avalon, unha retropectiva case completa que nos achegará en copias restauradas ao Universo David Lynch. O foco terá pases diarios en NUMAX entre os meses de xuño e agosto.