As escritoras Mónica Ojeda, Andrea Abreu e Elena Medel visitarán a Libraría NUMAX, dentro do ciclo «Debut»
Debut é un ciclo outonal de conversas con autoras que debutaron en 2020 con primeiros libros ou primeiras incursións nun xénero literario. Comeza o xoves 29 de outubro ás 20h e para asistir é preciso reservar praza no correo [email protected], pois a capacidade da libraría é moi limitada, indicando a que encontro(s) se queres asistir. Os tres serán retransmitidos tamén a través da nosa canle de Instagram.
[FOTO: Álex de la Torre]