Actualidade

Libraría

Suso de Toro presenta «Dentro da literatura»

O mércores 6 de febreiro ás 20:00 o escritor Suso de Toro presenta Dentro da literatura acompañado do editor de Xerais Fran Alonso, do deseñador gráfico X. Carlos Hidalgo, do profesor Jose Manuel González Herrán e do escritor Manuel Quintáns Suarez.

Ver máis

Cinema

Encontro A Cor das Palabras coa cineasta galega Diana Toucedo

O ciclo A Cor das Palabras, organizado polo Concello de Santiago en colaboración co Cinema NUMAX, regresa neste 2019 coa visita dun dos grandes talentos do Novo Cinema Galego: Diana Toucedo. Aproveitando a estrea en salas da súa primeira longa, Trinta lumes (desde o 8 de febreiro en NUMAX), Toucedo convídanos a viaxar polo proceso artístico da súa obra nun encontro titulado «A fraxilidade dos vagalumes ou como desvelar o invisible no visible». A cita é o domingo 10 de febreiro ás 11:30 horas con entrada de balde.

Ver máis

Cinema

Foco Kenji Mizoguchi. 8 obras mestras en copias recén restauradas

O vindeiro 29 de xaneiro arranca o Foco Kenji Mizoguchi, unha selección de oito obras mestras restauradas que nos achegan a un dos meirandes autores da historia do cinema. Un acontecemento único que terá lugar no Cinema NUMAX até o 28 de maio en colaboración coa distribuidora Capricci.

Ver máis