Actualidade

Libraría

O fotoxornalista Adra Pallón presenta «Lumes» na Libraría NUMAX

O fotoxornalista lucense Adra Pallón estará en NUMAX o venres 13 de setembro ás 20:00h da tarde para presentar o seu libro Lumes, unha obra editada por Phree e que se fixo posible grazas á bolsa Joana Biarnés da fundación Photographic Social Vision. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Libraría

A Aldea Desmedida #04 con Fran Quiroga e Iago Carro: «A cidade que pode ser: participación e asociacionismo na imaxinación do futuro»

Celebramos a cuarta e última conversa da actividade «A aldea desmedida» coa participación do investigador Fran Quiroga e do arquitecto Iago Carro do colectivo Ergoesfera, que terá lugar o xoves 10 de outubro ás 20:30h na Libraría NUMAX. Nesta ocasión a temática sobre a que dialogarán será «A cidade que pode ser: participación e asociacionismo na imaxinación do futuro». Esta actividade está comisariada por Maos Innovación Social e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Ver máis

Cinema

Encontro A cor das palabras con Jonás Trueba: «Seguimos a ser principiantes»

O cuarto encontro do ano no ciclo A cor das palabras, organizado polo Concello de Santiago, terá un convidado de excepción coa visita de Jonás Trueba poucos días despois da estrea do seu novo filme: Volveréis. O director madrileño ofrecerá un encontro baixo o título «Seguimos a ser principiantes» o sábado 7 de setembro ás 12:00h. A actividade é gratuíta até completar aforo e xa se pode reservar praza no correo [email protected].

Ver máis