Actualidade

Cinema

Arranca o Foco Leopold Lindtberg, un cinema humanista como contrapunto ao horror da guerra

Co inicio do curso volven os Focos dedicados a grandes cineastas da Historia do Cinema. Do 3 ao 17 de setembro recuperamos 4 obras esenciais de Leopold Lindtberg, cineasta austríaco afincado en Suíza que nos anos 40 e 50 realizou emocionantes dramas humanistas no contexto da II Guerra Mundial. O programa do ciclo, que inclúe presentacións e coloquios, está organizado en colaboración con Lost&Found Films. Entradas xa á venda para todos os pases do ciclo!

Ver máis

Libraría

A Aldea Desmedida #03 con María Otero Romaní e María Novas: «A cidade (de)construída: estruturas arquitectónicas e estruturas de poder»

Continúa a actividade «A aldea desmedida» coa conversa entre a guía turística María Otero Romaní e a arquitecta María Novas, que terá lugar o xoves 11 de xullo ás 20:30h na Libraría NUMAX. Nesta ocasión a temática sobre a que dialogarán será «A cidade (de)construída: estruturas arquitectónicas e estruturas de poder». Esta actividade está comisariada por Maos Innovación Social e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Ver máis

Cinema

Volve o Nocturama ás noites de verán co ciclo «Stanley Kubrick, unha odisea»

Xa está aquí o verán e en NUMAX recibímolo cunha nova edición do ciclo Nocturama, este ano dedicado a un dos creadores máis importantes do século XX, Stanley Kubrick, definido por Orson Welles como "un xigante do cinema". Do cineasta neoyorkino recuperamos 7 obras mestras en copias restauradas xunto a unha selección dos seus filmes preferidos e doutros que el mesmo inspirou. Pide a túa tarxeta do ciclo e se vés a 5 sesións a seguinte é de balde!

Ver máis