Actualidade

Cinema

Foco Néstor Almendros: Días dunha cámara

A nosa sección de Repertorio do mes de setembro vainos permitir coñecer de preto a fascinante figura de Néstor Almendros, un dos directores de fotografía máis prestixiosos do cinema de autor dos anos 60 e 70, de quen vén de reeditarse o influente libro Días de una cámara. Para axudarnos a confeccionar o ciclo, contamos coa colaboración de tres profesionais da dirección de fotografía  —Juan Meseguer, Alicia Francés e Alberte Branco— que presentarán cadanseu filme de cabeceira cuxa fotografía correse a cargo de Almendros.

Ver máis

Cinema

As proxeccións de «A invasión dos ladróns de corpos» e «Caro diario» móvense á Casa das Máquinas

Por mor da previsión de chuvia vémonos na obriga de trasladar as proxeccións de A invasión dos ladróns de corpos, de Don Siegel, e Caro diario, de Nanni Moretti, á Casa das Máquinas da Rúa Galeras. Os pases inclúense no Festival C que organizan o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña e darán inicio ás 21:45h con reserva de cadeira desde as 21:15h.

Ver máis