Actualidade

Libraría

Javier Rodríguez presenta o poemario «Xeración» na Libraría NUMAX

Javier Rodriguez presenta o seu poemario Xeración (breve tradado de males inespecíficos), que lle valeu o Premio Victoriano Taibo 2022. O acto terá lugar o mércores 28 de xuño ás 20h30 na libraria de NUMAX. No acto o autor estará acompañado da escritora Maica Caramés. A entrada é libre ata completar aforo. 

Ver máis

Libraría

Antón Lopo presenta «Diarios/1 [Azul Monforte]» na Libraría NUMAX

Antón Lopo presenta o seu novo poemario Diarios / 1 [Azul Monforte], que lle valeu o Premio Fiz Vergara Vilariño. O acto terá lugar o venres 23 de xuño ás 19h30 na libraria de NUMAX, en Compostela, como limiar á noite máxica das cacharelas nun acto onde participa Ismael Ramos. A entrada é libre ata completar aforo. 

Ver máis

Libraría

Veladas analóxicas #02 con Eduard Velasco e Xuan Bello: «Selvas, xardíns e labirintos»

A segunda conversa da actividade «Veladas analóxicas» terá lugar o venres 7 de xullo ás 20:30 da tarde e reunirá na Libraría NUMAX ao escritor e poeta catalán Eduard Velasco e co escritor e poeta asturiano Xuan Bello para falar sobre «Selvas, xardíns e labirintos». Esta actividade está comisariada pola poeta Alicia Fernández e subvencionada pola Deputación da Coruña. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Libraría

Afinidades Electivas 2023: encontro literario con Berta Dávila e Marta Sanz

As escritoras Marta Sanz e Berta Dávila estarán o xoves 29 de xuño ás 20h30 na Libraría NUMAX para celebrar un encontro literario enmarcado dentro do programa Afinidades Electivas. No evento estarán acompañadas polo xornalista Daniel Salgado. A actividade está promovida pola Dirección Xeral do Libro e Fomento da lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.

Ver máis

Libraría

A Libraría NUMAX volve á SELIC!

Libraría NUMAX sae á rúa do 9 ao 18 de xuño para participar na SELIC, que nesta ocasión se celebrará na Praza da Quintana. Este ano, participamos ademais coa organización dunha charla breve arredor da figura de Anne Carson e da recente publicación de A antropoloxía da auga (Chan da Pólvora) na que participarán as poetas Jesús Castro Yáñez, Oriana Méndez e Carlos Catena. Será o sábado 10 de xuño ás 19h00. 

Ver máis