Actualidade

Cinema

Encontro A cor das palabras con Susana de Sousa Dias e Ansgar Schaefer na estrea exclusiva de «Viagem ao sol»

Unha semana máis tarde do encontro A cor das palabras con Pablo Marín, o ciclo que organizamos co Concello de Santiago continúa a súa actividade coa visita da parella de cineastas formada por Susana de Sousa Dias e Ansgar Schaefer, cuxa aula leva por título «Abrir a(s) historia(s). O proceso de realización de Viagem ao sol». A cita é o domingo 4 de xuño ás 11:30h.

Ver máis

Cinema

Retrospectiva completa á directora xaponesa Kinuyo Tanaka

Do 30 de maio ao 6 de xullo a nosa programación de repertorio terá como gran protagonista a Kinuyo Tanaka, célebre actriz da idade de ouro do cinema xaponés que, de 1953 a 1962, dirixiu 6 obras mestras nas que tratou temas inusuais para a época como o desexo e o corpo feminino, a maternidade ou o sexo entre mulleres. Abrimos esta retrospectiva completa o martes 30 de maio con Carta de amor, para a que xa podes reservar butaca.

Ver máis

Libraría

Teresa Moure presenta «La edad bajo sospecha» na Libraría NUMAX

A docente e escritora Teresa Moure presentará o próximo xoves 25 de maio ás 20:00 o seu ensaio La edad bajo sospecha. Una crítica al edadismo y las edadofobias publicado por Catarata. A autora estará acompañada polo político e escritor Xosé Manuel Beiras e polo estudante Sergio Canhón. A entrada é libre ata completar aforo. 

Ver máis

Libraría

Alba Cid e Xavier Groba presentan «Tesouro Espeleolóxico Galego»

A libraría NUMAX acollerá o mércores 24 de maio ás 20h30 a presentación de «Tesouro Espeleolóxico Galego», un libro escrito polo Clube Espeleolóxico Galego e a poeta Alba Cid, e editado pola aCentral Folque. No acto, participarán dúas das persoas autoras do volume, Xavier Groba e a propia Alba Cid xunto á escritora Marilar Aleixandre. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis