Actualidade

Libraría

É un falar #03 con Celso Fdez. Sanmartín e Fruela Fernández: «Palabras tomadas»

«Palabras tomadas» é o título escollido para a terceira conversa de «É un falar». Esta actividade terá lugar o mércores 21 de setembro ás 20:30 da tarde e reunirá na Libraría NUMAX ao narrador oral Celso Fernández Sanmartín e ao tradutor e poeta Fruela Fernández. Esta actividade está apoiada pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Instituto da Lingua Galega.

Ver máis

Cinema

O son dos carros de bois, Matthew Herbert e Éliane Radigue nos filmes do WOS Festival

Un ano máis somos sede do programa de cinema do WOS Festival, con dúas sesións o sábado 10 e domingo 11 de setembro. O festival compostelán de referencia para a cultura alternativa e de vangarda achegaranos a músicos de culto como Matthew Herbert e Éliane Radigue e traerá á nosa sala ao director Xabier Erkiza para presentar unha obra de experimentación audiovisual sobre o son que emiten os carros de bois.

Ver máis

Cinema

Arranca o Foco Márta Mészáros con 8 alfaias da cineasta húngara

O novo Foco de NUMAX presenta o cinema de Márta Mészáros, pioneira do cinema húngaro que conta cunha obra tan suxestiva como descoñecida no noso país. Arrancamos o martes 6 de setembro con Adopción (1975), o primeiro Oso de Ouro na Berlinale gañado por unha muller, que contará con presentación de Víctor Paz, impulsor da distribuidora Lost&Found con quen organizamos o ciclo.

Ver máis