Aberta a inscrición para o segundo cuatrimestre do club de lectura NUMAX – Irmás Cartoné 2023
PRAZAS ESGOTADAS!. Volve o Club de Lectura organizado entre a Libraría NUMAX e a editorial Irmás Cartoné. Neste segundo bloque temático de 2023, coordinado por Carlos Valdés e Celia Recarey, as lecturas centraránse nas viaxes como tema. A actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela.