A directora de fotografía Lucía Catoira, próxima convidada do ciclo A Cor das Palabras
«O que queda na retina» é o título da aula que a directora de fotografía Lucía Catoira Pan ofrecerá o domingo 13 de decembro ás 11:30, dentro do ciclo de encontros con cineastas A Cor das Palabras que organiza o Concello de Santiago en colaboración con NUMAX. Para asistir, a entrada é de balde pero é preciso enviar un correo a [email protected], indicando nome completo e número de contacto.