Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +16
    • 89 minutos
    • Estrea

    A voz de Hind

    Kaouther Ben Hania

    29 de xaneiro de 2024. Os voluntarios da Media Lúa Vermella reciben unha chamada de emerxencia. Unha nena de 6 anos está atrapada nun coche baixo o fogo en Gaza, suplicando ser rescatada. O seu nome, Hind Rajab.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 91 minutos
    • Repertorio

    Pioneiras #06: Not Wanted

    Ida Lupino, Elmer Clifton

    Tras un romance cun pianista e unha pelexa cos seus pais, unha moza de 19 anos abandona a súa casa e descobre que está embarazada.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +12
    • 135 minutos
    • Estrea

    Valor sentimental

    Joachim Trier

    As irmás Nora e Agnes reencóntranse co seu distanciado pai, o carismático Gustav, un antigo director de renome que lle ofrece á súa filla Nora, actriz de teatro, un papel na súa próxima película. Nora rexéitao e pronto descobre que lle deu o seu papel a unha nova e entusiasta estrela de Hollywood.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +12
    • 98 minutos
    • Estrea

    Flores para Antonio

    Elena Molina, Isaki Lacuesta

    Unha filla disponse a buscar a verdade sobre quen foi seu pai, un músico lendario, falecido cando ela tiña 8 anos. El é Antonio Flores, ela a tamén célebre actriz Alba Flores.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +16
    • 74 minutos
    • Os ollos verdes

    Balearic

    Ion de Sosa

    Na véspera de San Xoán un grupo de mozos que se coaron nunha piscina dunha luxosa casa son atacados por tres feroces cans.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 7 minutos
    • Estrea

    Química

    Senín Porto

    A historia xira arredor de Laura e Pablo, unha parella consolidada que atravesa un complexo proceso de adopción. Todo se complica cando a asistenta social comeza a facerlles preguntas incómodas que porán a proba a súa relación.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +16
    • 97 minutos
    • Estrea

    Ciudad sin sueño

    Guillermo Galoe

    Toni ten 15 anos e vive na Cañada Real, o asentamento irregular máis grande de Europa, nas aforas de Madrid. Orgulloso de pertencer á súa familia de chatarreiros, pasa os días ao carón do seu avó, ao que admira e segue a todas partes. Pero as máquinas de demolición ameazan con arrasar con todo o que coñecen.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 72 minutos
    • Os ollos verdes

    Curtametraxes Jean-Jacques Martinod

    Jean-Jacques Martinod

    En colaboración co festival Novos Cinemas de Pontevedra, programamos unha escolma de curtas do cineasta ecuatoriano Jean-Jacques Martinod, nas que combina materiais de arquivo, fitas analóxicas, medios dixitais, operacións sinestésicas e diarios de viaxe. As pezas proxectadas son La bala de Sandoval (2019), Antes del diluvio (2020) e Alborada de Datura (2021).

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 110 minutos
    • Repertorio

    Level Five

    Chris Marker

    Laura, unha programadora, recibe un encargo póstumo do seu xefe: contemplar un videoxogo sobre a batalla de Okinawa. A medida que investiga e se mergulla nos horrores da guerra, a liña entre a realidade e a ficción difumínase, levándoa a unha fonda reflexión sobre a memoria, a historia e a tecnoloxía.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.