O #Cineuropa 33 vívese en NUMAX
Un ano máis, o Cinema NUMAX súmase á programación da 33 edición do Festival Cineuropa como unha das sedes do certame. Unha variada proposta co mellor cinema de autor da tempada que proxectamos do 8 ao 18 de novembro.
Un ano máis, o Cinema NUMAX súmase á programación da 33 edición do Festival Cineuropa como unha das sedes do certame. Unha variada proposta co mellor cinema de autor da tempada que proxectamos do 8 ao 18 de novembro.
Unha conversa entre a artista e o comisario, Ángel Calvo, este martes 5 de novembro ás 20:00 inaugurará a cuarta mostra do ciclo Episodios de Creación Contemporánea. Carla Filipe encherá a nosa vitrina con roupas femininas, farrapos e pezas de costura que afondan na memoria dun pasado no que cada detalle cotián afectaba a vida diaria e era controlado polas mans que, á súa vez, desenvolvían moitas outras tarefas.
O venres 8 de novembro a libraría NUMAX acollerá a presentación de Les Blanques Fogueres, o novo poemario de Fran Gayo, que estará acompañado do poeta e xornalista Daniel Salgado, ás 20:00.
Por terceiro ano consecutivo, o Cinema NUMAX foi designado como unha das sedes participantes nos LUX Film Days, unha iniciativa promovida por Europa Cinemas, o Parlamento Europeo e o Programa MEDIA Europa Creativa, que inclúe a proxección simultánea en 24 salas de toda Europa dos filmes finalistas aos premios LUX.
Inspirándose nas entradas do seu diario persoal, o escritor Hugo Clemente narra en Fast (Canalla Ediciones) os soños, medos e soidades que acompañan a quen se ve empurrado a empezar unha nova vida lonxe do seu país. O xoves 7 de novembro ás 20:00, acompañado de Claudio Villar, un dos tradutores ao inglés deste libro bilingüe, presentarao na libraría NUMAX.
Reanudamos as actividades do ciclo A cor das palabras. Encontros con cineastas, organizado polo Concello de Santiago, coa visita do director galego Oliver Laxe para nos ofrecer os seus A esencia do lume. Apuntamentos sobre o proceso creativo de O que arde. Será o sábado 12 de outubro ás 11:30 no Cinema NUMAX.