Andrea Ratto presenta «Europa», entre a street e a fotografía documental
O italiano Andrea Ratto presenta o xoves 7 ás 20:00 o libro fotográfico Europa, froito das súas viaxes polo continente en 2017.
O italiano Andrea Ratto presenta o xoves 7 ás 20:00 o libro fotográfico Europa, froito das súas viaxes polo continente en 2017.
Os premiados e premiadas das catro edicións do Certame literario Mazarelos, convocado pola Facultade de Filoloxía da USC, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística, terán a oportunidade de conversar sobre procesos de escritura con Suso de Toro o mércores 27 de febreiro ás 19:00.
Na presentación, o xoves 28 de febreiro ás 20:00 na Libraría NUMAX, participarán as editoras e coordinadoras do volume, Lucía Romaní e Aránzazu Pérez Indaverea, o prologuista do libro, Miguel Anxo Rodríguez González e máis Rafa Xaneiro, de Axóuxere Editora.
O mércores 20 de febreiro ás 20:00 a Libraría NUMAX acolle a presentación de La reina del swing, (ed. Carena), de Norma Miller e Evette Jensen a cargo da tradutora da obra, Karen Campos, e do director do programa "Notas de Jazz" da Radio Galega, Xabier Facal.
O Cinema NUMAX acollerá durante a mañá do sábado 23 de marzo o curso “Eu sei nutrirme”, onde, da man de Álvaro Vargas, técnico superior en Dietética, coach nutricional e autor de varios libros sobre nutrición, poderás aprender de xeito sinxelo e práctico en que consiste unha alimentación saudábel para o día a día.
O martes 19 de febreiro teremos na Libraría NUMAX a Isaac Xubín para presentar a súa última novela, publicada en Galaxia. Será ás 20:00 e o autor estará acompañado por Ismael Ramos, poeta e coordinador de novos proxectos da editora.