Actualidade

Libraría

María do Cebreiro presenta a súa antoloxía «A herba de namorar»

O xoves 10 ás 20:00 na libraría NUMAX a poeta María do Cebreiro presenta A herba de namorar, antoloxía que condensa en cincuenta poemas a súa produción dende a aparición de o estadio do espello en 1998 ata o recente Soños. Arquivos. Cartas (2018). Estará acompañada polos escritores Ismael Ramos e Berta Dávila.

Ver máis

Novo catálogo de NUMAX na Escola para o curso 2019/20

Arranca o curso de NUMAX, cun catálogo renovado de filmes que poñemos á disposición do profesorado para o desenvolvemento de proxeccións escolares na sala de cinema. O catálogo conta con propostas para todas as idades e cada sesión está acompañada de material didáctico específico e presentacións en sala.

Ver máis

Libraría

Diego Santomé presenta o Episodio #03 de Creación Contemporánea: Do caolín de Burela ao Rosa Tokio

Abstracción posible (Offset, edición infinita), 2012

Xunto coa peza audiovisual Aproximaciones abstractas, verticales. Segunda versión, que se proxectará a partir do xoves 5 de setembro no Cinema NUMAX previa á proxección do filme Ray & Liz, Diego Santomé ocupará a vitrina da Libraría cun elemento que fala do carácter histórico deste tipo de espazos, pero tamén da súa investigación como artista. Así, o cineasta Eloy Enciso cede para este Episodio #03 o seu galardón do Boccalino D’Oro, que estará dentro deste espazo en conflito que representa a vitrina na arte. A peza cerámica, producida industrialmente, afonda tamén na idea que da título ao episodio: Do caolín de Burela ao Rosa Tokio. O martes 10 de setembro ás 20:00 agardámosvos para a presentación do episodio, coa presenza do artista e do comisario do ciclo, Ángel Calvo.

Ver máis