Día das Librarías con Ramón Lluís Bande
O venres 10 celebramos en NUMAX o Día das Librarías coa presentación da última obra do escritor e cineasta Ramón Lluís Bande, a quen acompañará o escritor e xornalista Iván Cuevas.
O venres 10 celebramos en NUMAX o Día das Librarías coa presentación da última obra do escritor e cineasta Ramón Lluís Bande, a quen acompañará o escritor e xornalista Iván Cuevas.
Mark Wiersma e Miguel Mosqueira poñen letra e música a Sira e o Robot II: Crazy Times on Planet Earth, segunda entrega dun proxecto único no mundo, un musical futurista no que conviven en harmonía galego e inglés e cuxo resultado os autores denominan galinglego. A cita, o xoves 9 de novembro ás 20:00 na Libraría NUMAX.
A rede Europa Cinemas e o Parlamento Europeo proxectan simultaneamente en distintos países da Unión Europea Sami Blood, un dos tres filmes finalistas dos Premios LUX. O Cinema NUMAX ten a honra de ser designada como a sala española participante nun evento que inclúe, ademais do visionado do filme, presentación e coloquio en directo co equipo técnico do filme. A sesión terá lugar o venres 10 de novembro ás 19:00 horas e inclúese dentro do XXXI Cineuropa, que a partir do 10 de novembro suma o Cinema NUMAX como sala de proxeccións do festival.
FOTOGRAFÍA: Annabel Martín
A Libraría NUMAX acolle o xoves 26 de outubro a partir das 20:00 unha conversa co poeta e ensaísta Antonio Méndez Rubio. A crítica literaria Ana Salgado e o profesor Arturo Casas serán os cómplices desta conversa que xirará, entre poética e política, arredor das dúas últimas obras de Méndez Rubio: o libro de ensaio político ¡Suban a bordo! (Introducción al fascismo de baja intensidad) (Grupo 5) e o poemario Por nada del mundo (Vaso Roto).
A Libraría NUMAX acolle este venres ás oito da tarde a presentación do libro de ensaios «عين ('ayn). O ollo e a fonte», de Almudena Otero. Estará xunto coa autora e un dos responsábeis de Axóuxere Editora a filósofa Rebeca Baceiredo.
Un ano máis o Cinema NUMAX ten a honra de colaborar co Curtocircuíto. Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, sendo unha das principas sedes do certame do 2 ao 7 de outubro.