2015 2016
2015 2016 é un documental político sobre Cádiz, o capitalismo, o proletariado e a loita de clases, un mundo no que os ricos son cada vez máis ricos e os pobres máis pobres. Ler máis
2015 2016 é un documental político sobre Cádiz, o capitalismo, o proletariado e a loita de clases, un mundo no que os ricos son cada vez máis ricos e os pobres máis pobres. Ler máis
Foi a principios dos sesenta, cando o mestre do suspense deixou que a protagonista da súa nova película morrese pasados apenas corenta minutos de película, nunha escena que ía poñer patas para arriba o cinema. Ler máis
Axel, de dez anos, vive coa súa nai Margarita e as súas tres irmás nun apartamento de Montserrat, un barrio de Bos Aires de pasado aristocrático, hoxe en decadencia. Margarita está encerrada no seu cuarto como parte dun tratamento caseiro que non se termina de explicar. Axel e as súas irmás deberán xogar a ser carcereiros da súa propia nai. Ler máis
Angélica Liddell prepara a súa seguinte obra e Manuel Fernández-Valdés proponse retratala nun filme. Liddell converteuse nunha das principais dramaturgas europeas cun teatro autobiográfico no que expón a súa dor máis íntima. Ler máis
En 2008 desátase unha crise de crecemento do sector turístico en Cabo Verde que desemboca na procura de oportunidades de negocio en países próximos como Mauritania. Ler máis
Bab Sebta significa en árabe a porta de Ceuta e é o nome da pasaxe na fronteira entre Marrocos e Ceuta. A este lugar acoden persoas chegadas de distintos lugares de África que tratan de emigrar a Europa, coa esperanza de que a porta de Ceuta se abra para elas, e así pechar outra porta, a dunha vida que queren deixar atrás. Ler máis
Dentro do Foco Islandia proxéctanse os documentais «Backyard» e «Islandia, ano cero» Ler máis
Aos seus 70 anos, Nando está seriamente enfermo. É o momento crítico que serve de catalizador para un relato biográfico que alterna a crónica do presente coa lembranza do pasado. Ler máis
A directora finlandesa Kirsi Marie Liimatainen naceu en Tampere, unha cidade industrial alcumada a “Manchester de Finlandia”, no seo dunha familia de clase traballadora e de firmes conviccións comunistas. Ler máis
Agnese e Stefano son moi diferentes. Ela só ten 17 anos, vive coa súa nai e está a piques de facer voto de castidade ata o matrimonio. El é un home de 25 anos, cun temperamento violento e un pasado turbio. O seu inesperado encontro esperta un sentimento de pureza. Ler máis
Entre o documental e a ficción, a lenda dunha antiga e esquecida civilización xace enterrada baixo grandes extensións de dunas no sur de España. Ler máis
En todas as familias existen secretos, e a miña non é a excepción. Cando era nena tiven unha ídolo: a miña tía Adriana. Imitábaa, ao momento de camiñar e rir coma ela. Ler máis
Proxección de dous filmes incluídos no ciclo Cine Cubano Novísimo. Ler máis
Documental que a partir de seguir as vidas de varios percebeiros na tempada do Nadal, indaga na relación entre o home e o mar, o home e a súa contorna. Ler máis
A partir dos testemuños de sobreviventes e fillos de desaparecidos, Estados clandestinos narra a historia dun grupo de militantes uruguaios que, no ano 1976, foron secuestrados en Arxentina por comandos da coordinación represiva rioplatense e trasladados ilegalmente a Uruguai. Ler máis
O máis grande documentalista vivo, o case nonaxenario Frederick Wiseman, non dá mostras de cansazo creativo. Tras In Jackson Heights e National Gallery, proponnos unha reivindicación dunha gran biblioteca pública como un espazo de civismo e de respecto cara o outro, indisociable da hostilidade e crispación que se instalou en Norteamérica. Ler máis
Documental baseado nunha entrevista realizada a Leonardo Favio, onde fala da súa formación como director e a súa mirada sobre o cinema, para se mergullar no mundo do realizador máis influente do cinema arxentino recreando episodios da súa vida e mostrando arquivos inéditos que transcenden o xénero. Ler máis
Sesión especial coa proxección dos últimos traballos do cineasta do Carballiño Alberte Pagán. Ler máis
Mentres un pai desesperado tenta pescudar que causou a morte da súa filla de cinco anos, o estoico inspector Erlendur investiga o asasinato dun ancián solitario nun humilde apartamento subterráneo. Ler máis
A esperanza de centos de familiares de vítimas de desaparicións forzadas durante a última ditadura arxentina (1976-1983) está depositada no traballo do Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense. Ler máis
A película introdúcese na vida do avogado penalista Alfredo García Kalb e xunto a el, atravésase o proceso que leva dous mozos marxinais a enfrontarse ao aparato xudicial arxentino; como este opera na aplicación da pena e as consecuencias que terá sobre eles e a súa contorna familiar. Ler máis
Proxección dobre dentro do Panorama Audiovisual Galego con «Matria», de Álvaro Gago, e «O tempo futuro» de Xoán Escudero Ler máis
Adelaida, unha fermosa moza de dezasete anos, vive cos seus pais: Lena, unha planificadora de eventos, e Francisco, un escultor e profesor de arte. Xuntos, gozan dunha cómoda vida familiar nun apartamento de Bogotá, cos usuais altibaixos da monotonía. Ler máis
Provincia de Bos Aires, verán dos anos 30. Mateo, ex convicto anarquista, percorre a chaira pampeana cun furgón vello cargado de galiñas roubadas e a ilusión de reencontrar o seu galo, o Rey, para levalo ao triunfo nunha liorta. Ler máis
Logo da repentina morte da súa esposa, Ezequiel vive triste e resignado á súa soidade. A súa rutina divídese entre as longas noites de insomnio e os días interminables. Un día, recibe na súa casa a visita dunha misteriosa criatura extraterrestre con forma humana que padece estrañas convulsións e pasa a hospedarse no seu fogar. Ler máis
Petar é un sacerdote que regresou ao seu pobo para encargarse da parroquia, do coidado da súa nai -quen padece Alzheimer- e do seu fillo rebelde. O sacerdote termina sendo un obstáculo para unha gran venda de propiedades situadas na zona onde se atopa a súa parroquia. Ler máis
En novembro de 2014, o cociñeiro do Grove Javier Olleros ten que pechar o seu prestixioso restaurante Culler de Pau, posuidor dunha estrela Michelin. Ler máis
Varya coñece a Nikolia unha noite calquera no restaurante onde el traballa como cociñeiro. Ao pouco tempo comezan a saír xuntos. Ler máis
Primeira entrega do Programa Audiovisual Galego coa proxección de «Paraíso roubado» e «Somos plaga». Ler máis
Segunda entrega do Programa Audiovisual Galego coa proxección de oito curtametraxes contemporáneas. Ler máis
Elle Marja é unha moza lapona de 14 anos que cría renos. Exposta ao racismo, durante os anos 30, e a exames biolóxicos no seu internado, empeza a soñar con outra vida. Ler máis
Santa é unha solitaria campesiña que é enviada para vixiar a Andrés, un escritor homosexual, que non lle inspira confianza á Revolución. Ler máis
Documental que mostra as diferentes ondas migracionais desde Galicia até Euskadi. Unha viaxe que comezou hai xa 150 anos con destino ás minas de ferro, despois viría a pesca, a industria... até chegar aos mozos galegos de hoxe en día que poboan a identidade vasca. Un camiño que uniu co tempo dous pobos que comparten o feito de teren dúas culturas e linguas minorizadas. Ler máis
Un día na praia, antes das vacacións de verán. Unha rapariga recentemente chegada que provoca curiosidade. Un rumor. Ler máis
Documental que explora a vida do escritor ecuatoriano Marcelo Chiriboga, figura mítica do boom latinoamericano, o fenómeno literario da década de 1960. A través de entrevistas, visitas a distintas cidades, material de arquivo e o libro máis importante do escritor, La línea imaginaria, técese un crebacabezas que borra os límites entre realidade e ficción. Ler máis
Bruno, Consuelo e Sofi son unha familia moderna que se pensa feliz. Cando parten unha tempada a Francia, deixan encargada a súa acolledora casa e o seu querido gato a Martín, un primo ao que apenas coñecen Ler máis
Este documental exhibe a vida cotiá dunha das últimas familias de vaqueiros que se dedican á transhumancia en Asturies. Esta comunidade, que traballa co gando, no inverno vive na chaira e no verán sobe á braña. Esta estirpe de vida nómade é un grupo humano cun modo de subsistencia en vías de extinción. Ler máis
Un retrato coral sobre tres persoas á deriva en Reikjavik durante a crise ecónomica de 2008. A segunda película de Baldvin Zophoníasson segue a Eik, a nai dun neno diabético que traballa como mestra nunha gardería de día, e como prostituta durante a noite. Ler máis
«A costura é unha das poucas formas de arte que se orixinou coas mulleres», argumenta unha das entrevistadas neste documental, e por iso é que de cando en cando se considera unha arte seria. Ler máis