Affliction / Programa especial Médicos sen Fronteiras — Debate
O brote de ébola na África occidental a través dos ollos das poboacións locais, dos funcionarios das vilas, dos traballadores sanitarios, dos enfermos e dos que se recuperaron. Ler máis
O brote de ébola na África occidental a través dos ollos das poboacións locais, dos funcionarios das vilas, dos traballadores sanitarios, dos enfermos e dos que se recuperaron. Ler máis
Este notable documental ten o seu foco nos crimes sucedidos na localidade mexicana de Iguala, onde desapareceron 43 alumnos da Escuela Normal Rural de Ayotzinapa, presuntamente a mans de criminais que contaban coa complicidade das autoridades do lugar. Ler máis
Sesión de curtametraxes realizadas por alumnado de colexios e instituto dentro de «Cinema en curso», un proxecto iniciado en 2005 en Cataluña que actualmente tamén se desenvolve en Galicia, Madrid, Arxentina, Chile e Alemaña. Ler máis
Segunda sesión de curtametraxes realizadas por alumnado de colexios e institutos dentro de «Cinema en curso», un proxecto iniciado en 2005 en Cataluña que actualmente tamén se desenvolve en Galicia, Madrid, Arxentina, Chile e Alemaña. Ler máis
A Academia Galega do Audiovisual, coa colaboración do Concello de Santiago e dentro das sesións en NUMAX do festival Cineuropa, organiza unha clase maxistral teórico-práctica de 5 horas sobre a presentación de proxectos e unha charla con Paula Ortiz. Ler máis
Celina traballa nunha casa de peaxe nunha zona rural. Cando o seu pai se suicida, decide cambiar o seu rumbo e dedicarse a vender enciclopedias. Ler máis
O documental conta a historia do uruguaio Jorge Tiscornia, militante tupamaro que levou adiante un rexistro clandestino (nas follas de almanaques) dos sucesos vividos durante os seus case trece anos en prisión. Ler máis
Este documental segue o caso de tres mozas norueguesas que foron detidas en 2008, no aeroporto de Cochabamba, con 22 kg. de cocaína na súa equipaxe. Ler máis
Henry Engler, estudante de medicina e membro do Movemento de Liberación Nacional - Tupamaros, foi detido en 1973 e obrigado a vivir en total illamento durante máis dunha década. Ler máis
Sesión dobre que inclúe un documental sobre Henry Engler, membro do Movemento Tupamaro recluído en prisión durante unha década e unha peza sobre as mulleres detidas pola ditadura militar uruguaia. Ler máis
Xiaobin ten 17 anos e non fala unha palabra de español cando chega a Arxentina. Pero uns días despois xa ten un novo nome, Beatriz, e un traballo nun supermercado chinés. Ler máis
Filmada durante sete anos por unha nova cineasta española, Maite Vitoria Daneris, narra o estreito vínculo que se establece entre Lina, unha anciá campesiña italiana e Hassan, un mozo inmigrante marroquí que chega a Italia en busca de traballo. Ler máis
Cada noite de verán, nalgúns pequenos pobos afastados das capitais, autóctonos e veraneantes achéganse ás prazas para vivir a experiencia de asistir a unha proxección de cinema ao aire libre en 35mm. Ler máis
Documental sobre a historia de Mario de Marcella, un ermitán que vivía no bosque preto de Roma. Ler máis
En 1978, cando o autodenominado Proceso de Organización Nacional da Arxentina xa levaba dous anos, un grupo de militantes exiliados, da organización revolucionaria Montoneros, idearon «a contraofensiva montonera», un plan para regresar e loitar contra a ditadura. Ler máis
Nunha illa que antigamente era un cárcere, o fillo do fareiro intenta fuxir. Mentres, un dos poucos barcos pesqueiros que aínda quedan nela, sae faenar entre os iates do porto, na que será a súa última noite antes de ser despezado. Ler máis
Nunha pequena casa dun cerro illado, unha parella de anciáns vive en soidade. Ela está a morrer, el acompáñaa e asístea na súa agonía. Ler máis
No ano 1927, ao cumprirse o tricentenario do falecemento do poeta español Luís de Góngora, varios escritores reuníronse no Ateneo de Sevilla para renderlle unha homenaxe. Ler máis
Son as vésperas do Entroido nun pobo de provincia. Unha parella comeza a disolverse; un home chega en busca da muller que o abandonou, e o supervivente dun accidente trama un plan que os involucra a todos. Ler máis
Sesión dobre cun filme documental arredor das mulleres presas pola ditadura militar uruguaia acompañada dun filme clave para entendermos o movemento tupamaro. Ler máis
Encontro co público de José Luis Losa, director de Cineuropa, e directores doutros festivais internacionais. Ler máis
Paula traballa nunha estancia, coidando os fillos dunha familia de produtores de soia, no interior da provincia de Bos Aires. A proxección de «Paula» irá acompañada dun encontro co director do filme, Eugenio Canevari. Ler máis
Pepe Mujica fíxose famoso como o «presidente máis pobre do mundo». O exguerrilleiro e floricultor é considerado actualmente como un dos políticos máis carismáticos de América Latina. Ler máis
Unha viaxe que comeza no extremo norte de Portugal e que, por terras de Trás-os-Montes e do Alto Douro, visita unha ducia de aldeas e lugares. Ler máis
Proxección de dúas pezas pertencentes a un proxecto de Rubén Riós e Manuel Garrido arredor das persoas con capacidades diferentes, a curtametraxe «Vida» e o documental «Máis ca vida». Ler máis
No Chile dos 60, as cancións de Quilapayún foron a banda sonora da revolución. Puño en alto, miles cantaron con eles. Pero o mundo cambiou e eles tamén. Ler máis
A historia de varias mulleres guerrilleiras en Uruguai a principios da década dos 70. Baixo un enfoque íntimo, a película mostra as tomas de decisións e as encrucilladas persoais en que se vían envolvidas. Ler máis
Elaine, a bruxa do título, utiliza os seus coñecementos en pocións, feitizos e rituais para que os homes caian rendidos ante ela. Pero os seus poderes son demasiado fortes e as vítimas multiplícanse. Ler máis
Un documental realizado por Luis Ospina, o último de Caliwood, un grupo de tres amigos que se dedicaron a producir filmes entre os anos 60 e 80, pezas xa fundamentais para a historia do cinema colombiano. Ler máis
«Visións» é unha película colaborativa que consta de dez curtametraxes realizadas por cineastas da provincia de Pontevedra. Ler máis
Tavernier preséntanos un agudo e persoal achegamento ao cinema francés, ás películas, directores, compositores e diálogos que máis lle gustaron ao longo da súa vida. Ler máis