Cinema

En carteleira

Ver todos os filmes

Eleonora Duse, A Divina

Pietro Marcello

Na Italia de posguerra e tras anos afastada dos escenarios, a lendaria actriz Eleonora Duse (Valeria Bruni Tedeschi) sente o impulso irrefrenable de volver ao teatro, o único lugar onde algunha vez verdadeiramente libre. Ler máis

Viva

Aina Clotet

Viva fala de Nora, unha muller de corenta e poucos anos que acaba de superar unha enfermidade e que, tras esa experiencia, sente unha urxencia radical por vivir intensamente. Acostumada a esixirse ao máximo en todos os ámbitos da súa vida, Nora encóntrase dividida entre a orde e a seguridade da súa relación de toda a vida con Tom e a aparición inesperada de Max, un mozo que esperta nela unha nova pulsión de desexo e liberdade. Ler máis

O día da revelación

Steven Spielberg

Nun futuro non moi afastado, a humanidade está a piques de descubrir a verdade sobre a existencia de extraterrestres, un segredo que ficou oculto varias décadas. Mentres millóns de persoas se preparan para a revelación, a forma na que entendemos o universo empeza a mudar. Ler máis

Caso 137

Dóminik Moll

Stéphanie, axente de policía de Asuntos Internos, é asignada a un caso relacionado cun mozo gravemente ferido durante unha manifestación. O caso adquire aos poucos un cariz persoal ao descubrir que a vítima é da súa mesma vila ca ela o que transformará o dossier 137 en algo máis ca un simple caso. Ler máis

Ver máis

Liñas de programación

Estrea

Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.

Repertorio

Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.

Os ollos verdes

Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.

Ler máis