Cinema

En carteleira

Ver todos os filmes

O gatopardo

Luchino Visconti

É a época da unificación de Italia arredor do Piamonte, cuxo artífice foi Cavour. A acción desenvólvese en Palermo e os protagonistas son don Fabrizio, Príncipe de Salina (Burt Lancaster), e a súa familia, cuxa vida se ve alterada tras a invasión de Sicilia polas tropas de Garibaldi (1860). Ler máis

10/10: As espectadoras presentan

Un "like" de Bob Trevino

Tracie Laymon

Lily Trevino é unha moza insegura e solitaria que vén de ser abandonada por seu pai. Cando decide seguilo en Facebook atopa un perfil co mesmo nome que el. Así coñece a Bob Trevino, un home que perdeu a seu fillo e co que entabla unha estreita amizade que podería mudar a súa vida para sempre. Ler máis

Sirat

Oliver Laxe

Un home (Sergi López) e o seu fillo (Bruno Núñez) chegan a unha rave perdida no medio das montañas do sur de Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. Reparten a súa foto unha e outra vez rodeados de música electrónica e un tipo de liberdade que descoñecen. Ler máis

Aproba primeiro

Maurice Pialat

Nunha cidade do norte de Francia, uns cantos adolescentes ven achegarse o exame de bacharelato cunha ansiedade atemperada pola indiferenza. Para eles é un ano de conflitos cos adultos e cos seus mestres, que ven o exame como un pasaporte ao traballo. Máis ben un pasaporte ao paro, pensan os desilusionados mozos. Ler máis

Centenario Maurice Pialat

O nadador

Frank Perry, Sydney Pollack

Ned Merril vive nunha zona residencial de clase alta das aforas de Connecticut. Un día, Ned decátase de que todo o val onde vive está cheo de piscinas privadas. Ante o abraio dos seus amigos, Ned decide percorrer o val de piscina en piscina até chegar á súa casa. Polo camiño, atopa a varias das mulleres que fixeron parte da súa vida. Ler máis

Praia ou piscina

Ver máis

Liñas de programación

Estrea

Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.

Repertorio

Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.

Os ollos verdes

Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.

Ler máis