Cineuropa 2024

En carteleira

Ver a programación

Vaca mugiendo entre ruinas

Ramón Lluís Bande

O 24 de agosto do 1937, o Consello Interprovincial de Asturias e León, máxima autoridade republicana, constitúe en “Consello soberano de goberno de todo o territorio da súa xurisdición, e a el quedan integramente sometidas todas as xurisdicións e organismos civís e militares que funcionan e funcionen no sucesivo dentro do referido territorio”. Ler máis

Retaguardia

Ramón Lluís Bande

Este filme ficciona a reconstrución dunha colección de películas imaxinarias que potencialmente se puideron rodar no ano 1937 en Asturias. Imaxina así un posible cinema de propaganda impulsado desde as institucións e as organizacións políticas e sindicais republicanas asturianas que ben puido desenvolver o equipo xornalístico do diario socialista Avance. Ler máis

Wa Ada Maroun Ila Beirut / Maroun volve a Beirut

Feyrouz Serhal

Feyrouz Serhal realiza unha viaxe dun día por Beirut para explorar a vida e obra do falecido cineasta Maroun Baghdadi. Percorre as rúas da cidade, que moldearon profundamente a súa viaxe na vida e mais no cinema, e vai atopando a persoas achegadas a el e coas que compartiu a experiencia da guerra civil. Ler máis

Filmes xa programados

7291

Juanjo Castro

En xuño do 2020 iníciase na Asemblea de Madrid unha Comisión de Investigación sobre as persoas falecidas durante a primeira onda da pandemia do Covid-19 nas residencias de maiores da Comunidade Autónoma de Madrid (CAM). Segundo datos da CAM, nos meses de marzo e abril do 2020 faleceron 9470 persoas que vivían nestas residencias. Só 2179 delas recibiron atención hospitalaria e 7291 non tiveron derivación. Ler máis

A Face in the Crowd / Un rostro na multitude

Elia Kazan

Estados Unidos a finais dos anos 50. Marcia Jeffries, que traballa na radio local do seu pai en Arkansas, visita a prisión da vila na procura de alguén que participe no seu programa. Alí coñece a Larry Rhodes, un vagabundo borracho e cantante que expresa con descaro todo o que pensa. Impresionada pola súa actitude, Marcia decide levalo ao seu programa de radio. Ler máis

A savana e a montanha

Paulo Carneiro

Un documental híbrido captura a loita creativa dos habitantes de Covas do Barroso, no norte de Portugal, contra os plans da empresa británica Savannah Resources, que quere construír a mina de litio a ceo aberto máis grande de Europa a poucos metros das súas casas. Ler máis

Agarrame fuerte

Ana Guevara, Leticia Jorge

Adela, profundamente conmovida pola morte da súa amiga Elena, atópase atrapada nunha dor que parece non ter fin. Buscando consolo, e esgotada emocionalmente, retrocede nunha viaxe no tempo a un outono de hai dez anos, a unha casa na praia onde o tempo parece deterse. Ler máis

Ver máis